jueves, 28 de octubre de 2010

Cabazas gañadoras

Parabens Andrea e Ainhoa!!!!!. De tod@s os nen@s de 5 anos que trouxeron cabazas, vós ( e as vosas familias, que sabemos que vos axudaron un pouquiño) sodes as gañadoras!!!! Parabéns igualmente a tod@s os demais amig@s que gañaron e tamén a aqueles que participaron porque o concurso estivo moi reñido, ...traballáchedes tod@s tanto!!!!
Deixámosvos aquí as fotografías das cabazas premiadas, por se non tivéchedes oportunidade de pasar polo colexio!!!

domingo, 24 de octubre de 2010

Exposición de cabazas e comidas de medo

     Como todos sabedes xa esta semana adicarémola á preparación e celebración do Samaín. Aínda que estamos a facer moitas actividades, agora mesmo sabemos que o interese dos nen@s está centrado en dúas: o concurso de cabazas (o martes) e a degustación de comidas de medo (o xoves). Se tendes algunha dúbida podedes ver as bases na páxina do ENDL co colexio.
      Para que vaiades practicando nas vosas casas, deixámosvos aquí estes programas para tallar cabazas, no segundo incluso poderedes encender a candea que adoita poñerse por dentro.



 Esperamos que vos saian unhas cabazas arrepiantes!!!!!



jueves, 21 de octubre de 2010

Así vemos á Brujita Tapita

Hai moitos tipos de bruxas: algunhas son delgadas, outras máis gordiñas, unhas son novas, outras xa viviron unha morea de anos, moitas teñen o pelo gris, pero tamén as hai con el alaranxado, incluso as atopamos con diferentes mascotas: gatos negros, arañas, mouchos... Se vos apetece ver algunhas, aquí tendes uns exemplos das que apareceron cando os nen@s debuxaron á Brujita Tapita:

domingo, 10 de octubre de 2010

EMPEZAMOS DE MEDOOOOOOO!!!!

Este primeiro trimestre traballaremos unha emoción moi importante: O MEDO. Todo o cole está apuntado!!!!!
O primeiro foi preguntar aos compañeir@s a que lle tiñan medo e aínda que algúns si o dixeron sen problemas, outros aseguraron que non lle tiñan medo a nada (ou será que aínda non están preparados para contalo?)
Posto que un dos medos compartidos por ámbalas dúas aulas é ás BRUXAS, comezamos coa BRUJITA TAPITA.
Primeiro escoitamos a canción, imaxinamos entre tod@s como sería e a debuxamos
Cando rematamos vimos este vídeo onde aparecía e observamos detidamente as súas características e as diferenzas co que nós imaxinaramos ( e é que ás veces a nosa mente pode xogarnos malas pasadas, non si?). Tanto, tanto nos gustou que decidimos colocalo no blog para poder compartilo cos que nos visiten!!


lunes, 4 de octubre de 2010

DECORANDO AS NOSAS PORTAS

Para que os amigos/as que veñen ao colexio e as persoas que nos visiten saiban o nome da nosa aula estamos a decorar entre todos/as as portas. Aínda que xa somos máis maiores e podemos facer as cousas moito máis rápido imos moi despaciño para que nos quede moi xeitoso...
Xa temos a clase chea de información sobre os tigres e os leóns .... a nosa investigación vai vento en popa!!!!