Esta é a nota que mandamos ás nosas familias escrita personalmente por cada nen@:
Cada aula investigará sobre o animal que lle da nome. Para isto o primeiro que fixemos foi explicitar:
- que sabemos sobre este animal?
- que queremos saber?
- onde podemos atopar información?
Despois de moito pensar decatámonos de que podemos atopala en: libros (enciclopedias, diccionarios e contos), no ordenador, no zoo, no circo, nas revistas, nos xornais,...e de que as familias seguro que poderían axudarnos se cada nen@ lle contaba o que queriamos saber. Non se trata de traer resoltos os interrogantes, senón de traer a información para resolvelos na aula, onde leeremos, analizaremos, reescibiremos,... o que vaiades traendo.
Como somos moit@s, cada quen que aporte o que poida que seguro que entre tod@s chegaremos a resolver as preguntas que formulamos.
Grazas a tod@s por participar!!
Non quededes coas nosas últimas aventuras!!!! Se ides ao final da páxina e picades en entradas antigas veredes moitas experiencias máis.
martes, 28 de septiembre de 2010
domingo, 26 de septiembre de 2010
BENVID@S, AMIG@S!!!!!!!!!!!
Este será o blog de dúas aulas de 5 anos do CEIP Bergantiños, en Carballo. Nel falaremos desas cousas tan especiais que suceden nas nosas aulas, escribiremos os nosos pensamentos e sentimentos e relacionarémonos con outras aulas para coñecer a novos amig@s.
Este ano comezamos o curso con nomes novos para as aulas: seremos os leóns (5 anos A) e os tigres (5 anos B).
Non vos esquezades de volver a visitarnos para coñecer as nosas aventuras!!!!!!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)