viernes, 4 de noviembre de 2011

VISITA A MIS NIÑOS Y A MIS MAMIS.

Onte tiven a sorte de volver a ver a mis niños . Sí ,onte pola tarde fun de visita ao Bergantiños e puiden ver como medraron  , que maiores están , traballando xa nos seus libros  (libros de maiores , que xa están en 1º) e que guapoooos  e guapaaaas están, e sen mandilón. Pasaron só uns meses desde que nos despedimos alá polo mes de xuño, e medrastes un montón, hai que ver como cambiades.
Bueno, ademáis de ver a mis niños , tamén disfrutei da compañía de mis mamis e dende estas lineas quérovos dar   as gracias por facerme sentir unha máis  e por  unha agradable tarde de outono .Espero poder repetilo.
E como supoño que queredes ver as fotos que saquei , ollooooooooos abertos.


BIQUIÑOS PARA TODOS E MOITIIIIIIIIIISIMAS GRACIAS POR TODO.

viernes, 8 de julio de 2011

Así eramos nós...


Atopei esta foto os últimos días. Supoño que xa todos vós teredes unha copia, pero paréceme preciosa, así que vola deixo aquí para que a comparedes coa orla,... como cambiáchedes, verdade???

jueves, 30 de junio de 2011

De indios a prehistóricos

El hombre de Cromagñon es una de las canciones favoritas de los tigres, estoy segura de que les gustará volver a escucharla:


Y este es uno de los cuentos que vimos a final de curso, para entender un poquito más la vida en la Prehistoria:

lunes, 27 de junio de 2011

Así vivimos a graduación!!!

Os tigres traballamos a reo para a nosa graduación. Tod@s estabamos moi ilusionados con ela e por iso planeamos moooooitas actividades para facer dese día un día especial e inolvidable, onde nós foramos os protagonistas .

- O primeiro foi elaborar os nosos birretes e sacar unhas cuantas fotos para que a profe montase a orla

- Elexir o formato de diploma de cada un e pintalo, para que logo a profe o cuñara e firmara ... e ser oficialmente un graduado.

- Crear as cadenetas para adornar a aula e a biblio e pintar as letras do cartel de graduados

- Despois tivemos que rematar de escribir as invitacións para todas aquelas persoas que os tigres consideraron que debían estar con eles: as familias, algunhas profes e Naty. Viaxamos por todo o cole para entregarllas en persoa ( xa veredes no slide)

- Ensaiar e ensaiar o que queriamos contar (os momentos máis especiais que viviran ese ano como facer experimentos, as excursións, coñecernos, disfrazarnos de indios,...) para mellorar o ton, a postura, o volumen, ...

- Decidir que pinchos queriamos poñer ese día e facer outra notiña ás familias por se querían participar

- Elaborar esa mesma mañá unha deliciosa receita de amorodos e cereixas bañadas con chocolate, para darlle un toque festivo, pero saudable, non en vano levamos todo o curso promocionando o consumo de froita!





E vos xa sabedes o ben que saiu todo e o que gozaron estes pequechos, así que só me queda por dicir: Moitas grazas a tod@s por acompañarnnos e ás profes Silvia e Vero pola súa axuda.

miércoles, 22 de junio de 2011

TIGRES, ESTAMOS DE VACACIÓNS!!!!!!!!!!!



Como se notaba que hoxe era o último día de clase. Chegounos a pouco a mañá... algúns nen@ non entendían porque non quedaba tempo para os recunchos ou a razón de que viñeran por clase moitas das profes que nos deron clase este ano: Silvia, María (mestra de Audición e Linguaxe), Cristina (profe de Inglés),... e ata catro representantes dos de 6º de Ed. Primaria, que marchan para o Instituto...Todas querían despedirse de nós e desexarnos unhas felices vacacións!!!!

Estas dúas fotos non van no Cd porque saqueinas hoxe no patio no ratiño de lecer que tivemos despois dos xogos na aula e antes da merendola!!! Aínda que tardarán un pouquiño máis en cargar non lles baixei a calidade para que podades descargalas sen problemas.

                                  Pero... esto no es todo amigos ......

Os tres tigres que quedaron a comerdor hoxe (Nico, Martín e Ainhoa) foron os encargados de entregarlle unha miniorla a Naty ... non vexades canto lle gustou!!!!!!

Non desconectedes todavía deste blog porque estes días seguirei metendo algunhas experiencias realizadas na aula e as dúas grandes celebración de final de curso: A graduación e o festival de final de curso


APROVEITO ESTA ENTRADA  PARA DAR DE NOVO MIL GRAZAS A FAMILIAS E NEN@S POR ESTE ANO DE ILUSIÓN E TRABALLO CONXUNTO!
MIL GRAZAS A ESTES PEQUES PORQUE FORON GRANDES MESTRES PARA MIN, PORQUE FACÍAN QUE VIR AO COLE FOSE UNHA AVENTURA NOVA CADA DÍA E MIL DISCULPAS PORQUE ÁS VECES O HORARIO LECTIVO - E NON AS NOSAS NECESIDADES- FOI O QUE MARCOU O NOSO RUMBO. 
SODES UNHA CLASE FANTÁSTICA E DE VERDADE QUE ESTOU MOI ORGULLOSA DOS GRANDES AVANCES QUE ACADÁCHEDES!!!!

                           CHICOS E CHICAS, FELICES VACACIÓNS !!!!!!!!!!

lunes, 20 de junio de 2011

VAIA FINAL DE SEMANA.

A verdade é que foi unha semana moi completa, na que fixemos de todo menos fichas (ja,ja,jajajajaj).
- Ensaios para o festival,
- o noso diploma de graduados,
- visitamos unha aula de primaria, a da profe Mónica (moitas gracias pola tua paciencia),
- tivemos que facer os adornos da aula e da biblioteca para o gran día,
- facer o sobre para meter as fotos,
- pintar o mantel da mesa (por senon vos fixastes estaba decorado polos leóns),
- fixemos a portada dos traballos,
- tivemos o cumple de Jose e de Fátima,
- e o venres pola mañá fomos a comprar chuches. Queremos dar as gracias a señora da tenda pola súa paciencia e polo biscoito que nos regalou para merendar
Todo esto para que o venres ás seis, saíra todo perfecto como así foi.
Unha tarde de recordos, de sorrisas ,de algunha que outra bágoa , de felicidade e de moita emoción para todos, nenos, papis e sobre todo para mín a vosa profe, ao ver LAS CARAS DE FELICIDAD DE MIS NIÑOS.
GRACIAS A LAS PROFES, VERÓNICA Y SILVIA POR HABERNOS AYUDADO A PREPARARLO Y A DISFRUTARLO.





COMO ORGANIZAMOS O NOSO VENRES.




A NOSA GRAN TARDE



A TODAS AS FAMILIAS DE 5 ANOS A ,GRACIAS POR DISFRUTAR COS VOSOS FILLOS DA PRIMEIRA DE MOITAS GRADUACIÓNS QUE SEGURO QUE TERÁ. POLA MIÑA PARTE FOI UN AUTÉNTICO PLACER TRABALLAR CON VOS, E COS VOSOS TESOUROS.MIL GRACIAS POR UNHA TARDE MÁXICA.

miércoles, 15 de junio de 2011

Gústanos ser de Primaria!!!!

Hoxe por fin fomos a coñecer unha aula e uns nenos de Primaria: a clase da profe Mónica (1º B). Antes de subir preparamos algunhas preguntas que nos apetecía facerlles como:
- Escribisdes en minúscula?
- Pasádelo ben?
- Estudades ben? ...
O primeiro que fixemos foi observar a clase e despois os amig@s de primeiro deixáronnos sentar nas cadeiras e mirar os libriños. Guauuuuu!!! Que maiores pareciamos ali!!!! Tamén tivemos que recordarlles como son as normas que se seguen en Infantil - parece que en Primeiro tamén ás veces se olvidan delas-  e formulámoslle as nosas preguntas. Eles tamén tiveron ocasión de preguntarnos a nós e non vexades como nos puxeron a proba!!! SE SABIAMOS LER, SE SABIAMOS SUMAR, SE CANTOS ERAN 10 +4,... e nós, por suposto, saimos airos@s de todas elas,...
Agora xa respiramos tranquiliños porque Primaria encántanos!!!
Moitas grazas a Mónica e aos seus nen@s por facernos sentir tan ilusionados coa nosa nova etapa!!!!!