martes, 29 de marzo de 2011

Viaxando con once damas atrevidas

A semana pasada os tigres andivemos viaxando polo mundo ( andando, en coche, en moto,...) acompañando a 11 damas atrevidas: primeiro paramos en Fez, en China vimos un teatro de sombras, despois dimos un salto ata Australia, estivemos nun deserto coma o de Exipto, fomos de ruta en moto ata Moscú...e chegamos ata a Lúa e ata a Osa Maior. Cada vez que este conto nomeaba un lugar acudiamos á wikipedia, un diccionario que temos en Internet, e o buscabamos. Descubrimos en case todos tres símbolos moi importantes deses lugares: a bandeira, o escudo e o himno que mirabamos e escoitabamos.
Se picades na imaxe poderedes entraredes na páxina do blog Actividadeslim onde poderedes escoitar o conto e facer as actividades que plantexan. Poderedes agrandar a imaxe e traballar mellor picando no rectanguliño que a profe marcou cun círculo vermello.

domingo, 27 de marzo de 2011

O NOSO FACER DOUTRA SEMANA.

Durante esta semana ,os leóns demos para moito:- fixemos cadros do mar, no recanto da plástica,- seguimos xogando coas medidas e esta vez tocounos medirnos o nós,- comezamos o cadernillo das abellas e rematamos o das mulleres traballadoras,- comezamos a portada dos traballos do 2º trimestre,- tivemos taller de signos,- xogamos a sumar no ordenador,- coñecemos unha nova letra, a mudita,- experimentamos o sentido do gusto. E agora toca ver as fotos.


miércoles, 23 de marzo de 2011

AS NOSAS MAMIS TRABALLADORAS.

En días pasados , a clase dos leóns comezou un cadernillo novo que leva por título MULLERES TRABALLADORAS. A verdade é que imos un pouco atrasados , xa que o día da muller traballadora foi o 8 de marzo, pero hoxe  por fin rematámolo e levámolo para a casa. Aprendemos moitas cousas , quen foi a 1ª muller astronauta,  a 1ª mestra, que tamén hai mulleres científicas, e o que máis nos sorprendeu foi descubrir quen inventou o limpaparabrisas,  sabedes?????? FOI UNHA MULLER, case nada. Ademáis de facer o cadernillo, fixemos o mural da entrada coa colaboración dos tigres. Invitamos a todos a que o vexades.
.Pero sen lugar a dúbida, a muller máis importante nas nosas vidas  é a nosa MAMI e tamén a máis traballadora, a máis  mellor, habia que vernos como fachendábamos delas , cando as presentamos aos nosos compis, queredes velo???????.


Experimentos e descubrimentos

Durante este trimestre os tigres realizaron algúns experimentos divertidos, sorprendentes e moi interesantes. Algún xa o coñecedes, como o da apócema de bruxa, e os outros vádelos a ver agora mismiño.

- Cunha morea de globos, un inflador e as propias mans ( aínda que a profe Silvia tivo que darlle un máxico toque final) tiveron unha sesión adicada a globoflexia onde falaron da ELECTRICIDADE ESTÁTICA.


- Descubriron como se comporta un corpo na auga se mantemos ou cambiamos as propiedades, por exemplo engadíndolle sal ou azucre...¿Flotará ou afundirá?


Mirade un bo resumo da experiencia:














- Aprenderon a comunicarse coa linguaxe de signos, empregando o abecedario e sobre todo a inicial do seu nome, os días da semana, algunhas cores e expresións como "bo día" e "boas noites".


Ademais tivemos a sorte de que Yoli, a nova profe que estará connosco e cos leóns ata maio na aula, é unha experta...todo un luxo!!!!

sábado, 19 de marzo de 2011

Que traballadoras son as nosas mamás!!!!!!!!!!!!!!

Esta semana finalizamos o traballo sobre a muller traballadora. A profe Vero e a profe Silvia axudáronnos a coñecer a mulleres moi importantes como a primeira mestra e a primeira astronauta, unha actriz galega e a algunhas inventoras: a dos cueiros para os bebés e a do limpaparabrisas,...
Pero ...que mulleres máis importantes e traballadoras que as nosas mamás???? Cando lles preguntas aos tigres en que traballan cóntanche que son amas de casa, doutoras, banqueras, que cosen, que traballan con máquinas, coidan a xente e a animais,... Polo tanto, na cima do noso panel aparecen elas, para homenaxear o seu esforzo, traballo e perseverancia!!!! Para que todos as coñezan cada un pegou debaixo da súa foto un corazón co seu nome e o dela... sen dubidar nadiña no trazo...como presumimos agora cando pasamos polo corredor!!!!



E permitideme agora que vos mostre o agasallo de Jordi para a profe, que según os nen@s ... algo traballadoriña tamén é!! Trouxomo con todo o seu cariño e nos vexades a alegría que me deu!!!!!!

viernes, 18 de marzo de 2011

OUTRA SEMANA DE TRABALLO.

Ao longo desta semana , os leóns estivemos moi atarefados:
- fixemos un agasallo para papi,
- no recanto da plástica fixemos unha xiringa,
- comezamos o libro quen hai na foto? que en días sucesivos empezará a viaxar polas casas,
- ainda que con retraso( o día da muller traballadora é o 8 de marzo) estivemos a falar das nosas mamis traballadoras,
- coñecemos e escribimos palabras co curmán do l, o ll,
- fixemos o carné de xornalista, esta semama as nosas xornalistas son Mariana e Milagros,
- comezamos a preguntarnos o que sabemos dos indios e o que queremos saber,
- aprendemos cousas das abellas,
- e todos os días na asamblea , lemos un pouco( a profe ,está moi contenta , dí que nótase que practicamos na casa) por eso temos que LEVAR SEMPRE O LIBRO DE LER A CLASE.
Como podedes ver estamos bastante aplicadiños e como supoñemos que nos queredes ver en acción......




COÑECEMOS AS ABELLAS.

A clase dos leóns , non para de recibir visitas, este xoves pola tarde tocoulle a Belén (a mami de Fátima).E,  ainda que veu sola , trouxonos recollido unha gravación, TODO O SABER DO SEU PAI, acerca das abellas, eeeeee... sabe moitas cousas delas.  Vimos como saca o  mel,   bota fume para atontar as abellas, saca o cuadro da colmena con un gancho, limpao cun cepillo,e  xa  na casa,  quita a cera dos cuadros cunha iana de albanel (como a que nos amosou Carlos, o pai de Arantxa) e despois mete os cuadros nunha centifugadora para sacar o mel e por último hai que colala,( e despois probala como fixemos nós.) Todo este proceso vimolo no video,  pero esto non foi todo, xa que Belén trouxonos a clase  as ferramentas que precisa o seu pai para facer este traballo, trouxou un marcador de abellas raíñas, un cuadro limpo e outro con cera e mel, o gancho para sacar os cuadros,  a roupa que hai que poñer para que non nos piquen, un líquido para atraer as abella, e chamamos o avó , para darlle as gracias. Decir que foi unha tarde moi guay e que aprendemos todos( ata a profe)  moitas cousas novas .Moitas gracias a mami e sobre todo O AVÓ  DE FÁTIMA.




MOITAS GRACIAS O AVÓ E A MAMI .

miércoles, 16 de marzo de 2011

Cidadáns do mundo

Despois de tantas investigacións, os tigres xa están empezando a percibirse como cidadáns dun mundo composto por continentes, países, cidades...

Hai tres continentes que xa coñecemos un pouquiño máis: Europa, o noso, Asía onde viven os tigres e América, terra dos indios ( aínda que sabemos que en África están os leóns e na Antártida os pinguíns)

Dentro dos países, dous chaman a nosa atención: España, que recorremos algúns de nós (Saúl, Ainhoa, Carlos e Candela xa nos contaron as súas vacacións noutras comunidades) cando viaxamos coas nosas familias, e da que xa coñecemos algúns puntos: Galicia, País Vasco, Andalucía, León, Madrid, Illas Canarias,...


O outro país que nos ten un pouquiño preocupados é Xapón. Nico contounos que o seu papá traballaba en Xapón, pero que estaba ben. Algúns dos nen@s explicaron que viron na TV que unha ola moi grande levara moitos coches e casas, aínda que só " as pequenas" e que morrera moita xente. Logo buscamos en Youtube un vídeo do tsunani onde se podía ver unha gran mancha de auga arrasando o lugar e explicamos como apareceu a partir dun terremoto.


Falando do mar e recordando a nosa visita ao Aquarium aproveitamos para ampliar o noso vocabulario escoitando e cantando esta canción; preparádevos porque é moi pegadiza:



E é que cando nos interesa algo...prestamos a máxima atención...

domingo, 13 de marzo de 2011

IMOS DE EXCURSIÓN.

O xoves , á volta das minivacacións do entroido , os leóns e os tigres fomos de excursión coas nosas titoras e as profes , SILVIA E VERÓNICA (sempre teñen que aturar de nós e das nosas titoras, moitas gracias), a ver moitos peixes e a saber máis cousas do home. Pola mañá fomos o Aquarium Finisterrae  e á unha do mediodia fomos a  Domus ,onde primeiro xantamos e despois visitamos as diferentes salas de exposicións , nas cales puxemos en práctica as nosas habilidades,  e a eso das catro collemos o autobús de regreso. Como seguro que estades desexando vernos en acción.........  .

AQUARIUM FINISTERRAE:



DOMUS.




COMO VEDES, FOI UNHA XORNADA COMPLETA.

Un día de museos científicos

Vaia excursión!!!! Cantas experiencias vividas nun só día!!!! A visita comezou co aquarium onde observamos a vida mariña dende dentro, case, case metidiños con eles na auga; explicáronnos como era a comida das focas, a súa pel, a forma de respirar dos peixes, a súa astucia á hora de sobrevivir,...e como xa supoderes o que máis nos impresionou foron os "tiburóns" (quenllas) touro: GASTÓN E HERMOSA!!!! 





A de cousas que fixemos na DOMUS despois de comer!!!! Desenvolvimos a creatividade con formas e nubes, fixemos voar avións, medimos alturas, flexións, comparamos olores e sabores,vimos o nacemento dun bebé,...


A nosa acompañante na Domus foi a profe Silvia;grazas a ela e a Vero puidemos pasalo tan ben. Aquí vos deixamos a foto de grupo debaixo dun cadro ben coñecido por nós: "A MONA LISA


Ao día seguinte quixemos contarlle ás familias o que máis nos gustou e velaí tendes os animais triunfadores:

sábado, 12 de marzo de 2011

UNHA NOVA VISITA.

O venres pola mañá , a clase dos leóns tivemos a visita de Carlos o papi de Arantxa. Amosounos a través de fotos o seu traballo, como poñen os ladrillos, botan o ieso cunha máquina, pasan unha regla moi longa de aluminio para alisar, despois outra máis pequena para que quede ben liso. Ademáis, trouxo a clase, as ferramentas para que as viramos e as tocásemos e..... tamén fixemos a masa con ieso e auga. Foi unha clase moi amena, pasámolo moi ben e aprendemos cousas diferentes. Moitas gracias a Carlos por pasar un tempo con nós e ensinarnos o seu facer.



jueves, 10 de marzo de 2011

Un pouquiño máis do entroido

             















Que se os tigres o pasamos ben neste entroido??? Entre os mandadiños, os bailes de máscaras, a decoración de caretas, o desfile de toda Ed. Infantil no ximnasio e a festa do venres ... non tivemos tempo de aburrirnos,non. Velaí tendes un mix dos nosos mellores momentos.