Na aula dos tigres seguimos analizando a información que aportaron as familias para o proxecto. Non sabedes a cara que se nos quedou cando limos as dimensións que podía acadar un tigre!!! ¿De verdade que a súa cola pode chegar a 1m e o seu corpo e cabeza ata 3? Para facernos unha idea de canto sería empregamos a regla, pero...apareceu un problema: non nos chegaba. Así que pensando, pensando, decidimos que había outros instrumentos ("que utilizaban os nosos papás e mamás") que nos axudarían a facelo: o metro ou a cinta métrica. Tan entusiasmados estabamos que a profe propuxo facer un a medida real: cun corpo de 250 cm e unha cola de 91 cm...ERA TAN GRANDE QUE OCUPABA TODA A ASEMBLEA!!
Cando continuamos lendo atopámonos con outra sorpresa: poden ter case 100 raias!!E, por suposto, tamén tiñamos que poñerllas!!! Parecíannos moitas, pero tampouco sabíamos canto, así que decidimos facer polo menos unha raia cada un, eramos 22,... cantas nos faltarán por poñer?
Non quededes coas nosas últimas aventuras!!!! Se ides ao final da páxina e picades en entradas antigas veredes moitas experiencias máis.
martes, 30 de noviembre de 2010
COMO FACER UN RICO OURIZO DE CHOCOLATE.
O martes 23 de novembro ,os leóns, convertémonos en cociñeiros coa axuda de Yolanda , a mamá de Joaquín. A nosa receita foi moi sinxela,( xa que todavía somos aprendices),fixemos un ourizo de chocolate ,con peras, lacasitos, améndoas e tamén precisamos de leite para derreter o chocolate. Como veredes a continuación quedounos bastante chuli e sobre todo moi, moi rico.
As nosas gracias a axudante de cociña e bicos para todos.
As nosas gracias a axudante de cociña e bicos para todos.
lunes, 29 de noviembre de 2010
Queredes saber como se fai o queixo?
Celia, a avoa de Lucía da clase dos leóns, que é toda unha mestra da cociña, veu ás nosas aulas a ensinarnos a facer queixo.
Celia explicou que o queixo faise co leite das vacas que, ao muxilas, sae polos tetos. Falounos tamén das máquinas que se empregan para axilizar o proceso (as muxidoiras) e dos hórreos como as construccións utilizadas para conservar os queixos e outros alimentos: patacas, millo,... A partir de ahí todo foi traballar: botamos nunha pota temperada 3 litros de leite traída dunha granxa xunto co calo e revolvimos para deixala repousar ata a tarde. Á tarde o leite xa non estaba líquido e o remexemos de novo para quitar o soro cunha culler e un coador. Despois a avoa puxo unha cunca encima para darlle a forma de queixo e seguir quitando o soro que quedaba,...cuns guantes,claro; cos alimentos limpeza ante todo. Para rematar probamos os dous queixos para ver a diferenza. Por se fora pouco agasallounos tamén cunha caixa de galletas caseiras e uns palotes para os nen@s e galletas tamén para as profes. Por suposto, como agradecemento dímoslle un bonitiño ramo de flores e moitos bicos e abrazos.
martes, 23 de noviembre de 2010
Xa sabemos facer un tapiz
Como vedes no cole aprendemos de todo!!Cando a profe Chelo se enterou de que estabamos a traballar a Seoane trouxo ao cole un tapiz que fixera hai tempo coa imaxe dun dos seus cadros: As mariscadoras. Nas aulas mirámolo, tocámolo, pensamos de que estaría feito (algúns dicían lá, outros plumas, algún pensaba que era fíos),... Para resolver todas as nosas dúbidas e contarnos como o fixera, Chelo tróuxonos un tear grande e explicou como con moito coidado fora entrelazando os fíos que empregara (branco, verde, azul,... tiña de todas as cores). Como nós non chegabamos, a profe trouxo un máis pequeniño co que nos ensinou tamén a traballar coa axuda dun voluntario: Cigan. Pero aí non quedou a cousa. Para que tod@s tivesemos a oportunidade de empregalo emprestounos un para cada aula.Para agradecerllo entregámoslle estos preciosos ramos de flores...e máis que merecía!!!
lunes, 22 de noviembre de 2010
As de Ed. Primaria que ben contan!!!
Esta vez a clase dos tigres non escoitou o conto na aula. Tampouco o contou a profe (aínda que a profe Mari Carmen- de 4 anos A- axudou un pouquichiño). Desta volta foron as maiores as que se ocuparon de facernos pasar un bo rato cunha gran historia: Cocorico. Aínda que os tigres xa o coñecían non perderon ollo do conto. E para rematar, as nosas compañeiras de Primaria recibiron como agradecemento ao ben que o fixeron un bolígrafo co que dende aquí lles escribiríamos: MOITAS GRAZAS!!!!
Podedes ver o atentos que estiveron tamén os leóns no blog de Ed. Infantil: Que ben o pasamos no cole!
Podedes ver o atentos que estiveron tamén os leóns no blog de Ed. Infantil: Que ben o pasamos no cole!
domingo, 21 de noviembre de 2010
Saída ao Museo de Belas Artes
Este martes realizamos a nosa primeira saída: ao Museo de Belas Artes de A Coruña. Pensabamos que nos falarían de Luis Seoane (que traballaramos previamente na aula coñecendo a súa apariencia física, a súa vida, a súa obra,...), pero descubrimos outras obras doutros artistas("Castigo", "Filliña", ...) que tamén nos interesaron moito. Viaxamos ata Coruña en autobús e ao chegar fixemos unha fila moooooi longa para entrar. Xa dentro dividímonos en dous grupos e fomos visitando as diferentes salas do Museo: Contáronnos historias, bailamos, preguntamos, interpretamos, algúns puideron poñerse perrucas,... e para rematar fixemos a nosa propia adaptación dun cadro que logo levamos para casa ...e é que ... Nós tamén somos uns artistas!!!!!!!!!
viernes, 19 de noviembre de 2010
Así quedaron os cartóns de leite
Aquí está o prometido: as nosas fotos cos cartóns de leite que decoramos para empregar no magosto. A imaxe é a dun esquío cunhas castañas ( sabedor do boas que están). Primeiro a coloreamos e despois para darlle un toque especial puxémoslle lá na cola e démoslle alkil.
jueves, 11 de noviembre de 2010
Xogos e castañas para gozar do Magosto
Para celebrar o magosto comezamos cunha tarde de xogos compartidos onde leóns e tigres participamos simultaneamente en dous recunchos: o dos colares e o do soplo. No primeiro conseguiron un colar magosteiro feito cunha lá e unha castaña e no segundo imitaron ao vento que nos visita sempre en OUTONO movendo un anaco de "poliespán" ao soprar por unha palliña.
Deixámosvos aquí as fotos desta actividade. En breve poñeremos os dos nos@s festeir@s mostrando o seu cartón para as castañas no que tanto traballaron ao longo da semana e que tan ben empregaron gardando nel as cáscaras para non manchar o chan. Se vos tendes fotografías da festa mandádeas ao noso correo e colgarémolas aquí encantadas.
sábado, 6 de noviembre de 2010
Somos cociñeir@s!
Os tigres e os leóns tamén nos apuntamos á elaboración de comidas de medo facendo unhas exquisitas arañas en tea de amorodo e unhas vasoiras megavoladoras último modelo. Para cociñalas nos xuntamos tod@s nunha aula e por quendas fomos cortando as patas, colocándoas, formando os ollos, cortando o xamón, envolvendo co queixo... e xa sabedes comer e cociñar,...todo é empezar!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)