martes, 19 de abril de 2011

Compartindo cos amig@s

Na clase dos tigres cada vez aparecen máis xestos de axuda e colaboración entre os amig@s. E é que tanto eles como as súas familias teñen uns corazóns moi grandes e sempre están pensando nos demais, como estes días onde non tod@s puideron traer á aula material para facer os atrapasoños indios, e que amablemente foi cedido por eses nenos que trouxeron de máis por se alguén o precisaba...por certo, moi pronto volos ensinaremos.

Outros exemplos son os das aportacións que fan á aula... temos unha enciclopedia enteira dos mundos de Yupi, un libro xigante das horas, cartos para xogar na casiña, un ábaco para traballar as súmas e restas, trouxéronse adornos de Nadal e roupa para mudas para clase,bandexas para as festas importantes, ... grazas ás desinteresadas aportacións de moitos deles que parten de necesidades de aula ou a raíz de celebracións especiales. Por exemplo, nestes últimos días Miguel S. e a súa familia decidiron agasallarnos cuns mandiles feitos con mantel de hule, cordas e gomas... vaia idea tan chula!!! Así evitaremos mancharnos tanto cada vez que nos poñemos a traballar coa pintura de dedos.


E os últimos días de clase tamén Isma nos trouxo 29 oviños de Pascua que fixo coa súa mamá. Explicounos os materiais e ingredientes que precisou ( pota, auga, media, follas verdes, unha cáscara de cebola, fío, papel ou plástico para envolver e moitas ganas de facelo) e todo o proceso ata conseguir deixar os ovos con estes preciosos debuxos.




E estamos comprobando que cando cada un aporta un pouquiño tod@s conseguimos ter moito!!!

viernes, 15 de abril de 2011

UN MERECIDO DESCANSO

Por fin VACACIÓNS, a clase dos leóns estabamos desexando que chegarán, xa que temos merecido un bo descanso,(con todo o que nos fai traballar a profe ) ainda que sexa curto. Esta semana ao igual co resto delas , fixemos un montón de cousas ,e supoñemos que queredes que volas contemos:
- no recanto dos indios fixemos cada un de nós un totem,
- no da biblioteca escribimos palabras nas pizarras pequenas,
- na plástica fixemos un pequeno deserto,
- tamén comezamos un pequeno cadernillo sobre os indios , no que escribimos o que sabemos deles,
- fixemos experimentos e un atrapasoños,
- os rapaces de 3º amosáronnos as súas dotes artísticas( o martes seremos nós os que lles contemos un conto a eles),
- coñecemos e escribimos palabras con dúas novas letras , o k e o q.
E agora xa nos diredes se merecemos ou non O DESCANSO .AHHHHH e tamén lemos e fixemos calculo mental todos os días.
E agora un pouco de fotos......


jueves, 14 de abril de 2011

O mar, o noso referente

O mar é un tema recurrente en moitas pinturas, sobre todo nas dos pintores galegos, como poden ser SEOANE E PETEIRO. Os tigres, despois de analizar algúns dos seus cadros, fixeron unha adaptación do traballo destes grandes artistas
As mariscadoras, de Seoane:


A Coruña, de Peteiro...



domingo, 10 de abril de 2011

Consellos para coidar os cinco sentidos

Este xoves na caixa de xogar a pensar apareceu unha candea que lles permitiu reflexionar sobre como percibimos as cualidades dun estímulo a través dos diferentes sentidos. Cando estiveron - case- a escuras e ben separados para evitar riscos, a profe acendeuna e foi apuntando todas as  súas opinións... 
Cando se centraron na vista falaron das diferentes cores que podían apreciar: amarelo, vermello, branco, laranxa,...ata un pouquiño de violeta
Logo pecharon os ollos e intentaron escoitar con atención, co oído. Explicaron que como era unha chama pequena non se oía nada, non así nos grandes incendios, porque neles si se pode escoitar sons que emularon na aula
Empregando o tacto algún deles puido comprobar como ao achegarse á vela íanos dando calor,...pero tod@s tiñan moi claro que non a podiamos tocar pois nos quemaríamos,...(e logo o tacto funciona dende lonxe???) Ademais tamén comprobaron como o órgano do tacto é a pel, e non só a man, como algún crían, así que nos fixamos que tamén sentimos cando nos tocamos cos brazos, coas frentes, coas barrigolas,...


O olfato era máis sinxelo: a maioría tíñao claro: ule a fume e a queimado ..aínda que algún tamén dixo azucre.
E por último para o gusto dixeron que non era posible comprobalo porque estaba na lingua, moi precavidos estes tigres!!!!


Pola tarde, e aproveitando que era o DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE e que na nosa clase agora temos no recuncho de médicos un esquelete que nos serviu de referente (e para observar a razón da ausencia de ósos nas orellas, no nariz,...), falamos da importancia de coidar estes sentidos axudados pola pirámide de alimentos. Ollo coas respostas que escribiron e debuxaron ( sen copiar!!!)...



sábado, 9 de abril de 2011

O PASO DOUTRA SEMANA

Durante esta semana os leóns fixemos unha morea de cousas:
- desde ordear números que queren ir ao cine , e o revisor dilles que teñen que entrar de forma ordenada,
- escribimos palabras que nos din os compañeiros,
- tamén traballamos o calculo mental a través de sinxelos problemas que nos fai a profe durante a asamblea
- fixemos o noso atrapasoños e despois colgámolo no panel dos indio,
- cunha obra de arte fixemos un puzle,
- no recanto da plástica pintamos coas xemas dos dedos bolboretas e flores
- no recanto da biblioteca puxemos nuha catolina a foto das nosas mamis e escribimos o traballo que fan (póster que levaremos de visita as nosas casas, para que o vexades)
- fixemos ovos de pascua e rematamos unhas bolboretas
- e vimos un niño de paxaros con tres ovos, collemos os ovos nas mans,miramos como estaba feito o niño.
Como vedes un pouco de cada cousa para ir descubrindo novas cousiñas.

miércoles, 6 de abril de 2011

Adiviñade que trouxen para medir a profundidade?

Hai uns días Saúl sorprendeunos cun novo instrumento de medida. Antes de que ninguen o vira a profe acochouno na caixa de xogar a pensar. Saúl e a profe propuxéronlle aos tigres xogar a adiviñar que había dentro, sen coñecer a forma, o olor, o sabor nin o tacto...só cunha pequena pista que deu Saúl: "É para medir, e medir a profundidade" . " Pan chupado"- dicían moitos dos nenos...O primeira idea foi a da báscula, que foi rechazada porque alguén comentou que era só para medir pesos. Falaron despois de bonecos. Foi entón cando tivemos que puntualizar que se trataba dun "instrumento" para medir, e non de algo que quixeramos medir (fixádevos que importante é o uso adecuado da linguaxe!!!). Miguel S. estaba seguro que que era unha caracola, porque o seu papá con só poñela na orella e prestar atención  podía saber os metros  de mar aos que estivo.Vaia!!! Entón Amalia falou dun metro e algúns amigos opuxéronse á idea... así que por que non probar?Collimos unha bandexa das cores e enchímola de auga...e empregamos o metro ...e efectivamente medía a profundidade ... cando era pouca, claro!!!!!!! 

Probamos despois cun dedo, a proposta de Ricardo, e neste caso comprobamos que non tod@s tiñan a marca á mesma altura,...uns máis abaixo e outros máis arriba,...
 
Entón foi cando se emocionaron: e un pao, e un lápis, unha corda, un ferro.. pero non podiamos probar todo...chegara o momento de abrir a caixa!!!! Apareceron moitas caras de estrañeza...nunca tal cousa viran!!! Cando a profe lle pediu a Saúl que medise a profundidade Saúl dixo que non podía mollalo... "Entón cómo se emprega???"Como non o tiña moi claro recurrimos á Wikipedia e grazas a explicación que atopamos aprendimos que era moi delicado e que medía obxectos pequenos. Nós  escollimos unha moeda, aínda que se por eles fora mediríamos todo o que temos na aula ( tanto empregando medidas convencionais, como o m ou cm, ou arbitrarias, como o dedo!!!!)











domingo, 3 de abril de 2011

Cambiamos o panel para o proxecto










Hai tempo que os tigres xa temos nome oficial indio co que nos presentamos tódolos días na asemblea e hai tamén tempo que os escribimos e colgamos no panel das rutinas para que todos coñezan aos membros da nosa tribu... faltan por engadir as profes Vero, Silvia e Yoli, que tamén pensaron o seu. Para seguir avanzando a profe Raquel propuxo cambiar o panel da aula e recoller nel algunhas das aportacións que van facendo as familias (as outras as temos nas mesas do recuncho do proxecto). Despois dunha votación os nen@s decidiron por maioría quitar as cousas dos tigres e recoller toda a información que trouxeran facendo un novo libro.

Así que o martes pola tarde a partir dos disfraces sobrantes do entroido reflectimos como comezou o noso proxecto, mostrando ben como fomos pintados, como eran os nosos plumachos,... e repasando tamén as partes do noso corpo.




 Así que agora o novo panel da aula viste desta guisa  á espera de completarse con información que de resposta ás inquietudes dos peques, que son( podesdes picar nas imaxes para velas mellor):

Recordade que é moi importante que os rapaces sexan capaces de explicar todo o material que traian e que as aportacións escritas deben ser adaptadas á súa idade!!!!