Este xoves na caixa de xogar a pensar apareceu unha candea que lles permitiu reflexionar sobre como percibimos as cualidades dun estímulo a través dos diferentes sentidos. Cando estiveron - case- a escuras e ben separados para evitar riscos, a profe acendeuna e foi apuntando todas as súas opinións...
Cando se centraron na vista falaron das diferentes cores que podían apreciar: amarelo, vermello, branco, laranxa,...ata un pouquiño de violeta
Logo pecharon os ollos e intentaron escoitar con atención, co oído. Explicaron que como era unha chama pequena non se oía nada, non así nos grandes incendios, porque neles si se pode escoitar sons que emularon na aula
Empregando o tacto algún deles puido comprobar como ao achegarse á vela íanos dando calor,...pero tod@s tiñan moi claro que non a podiamos tocar pois nos quemaríamos,...(e logo o tacto funciona dende lonxe???) Ademais tamén comprobaron como o órgano do tacto é a pel, e non só a man, como algún crían, así que nos fixamos que tamén sentimos cando nos tocamos cos brazos, coas frentes, coas barrigolas,...
O olfato era máis sinxelo: a maioría tíñao claro: ule a fume e a queimado ..aínda que algún tamén dixo azucre.
E por último para o gusto dixeron que non era posible comprobalo porque estaba na lingua, moi precavidos estes tigres!!!!
Pola tarde, e aproveitando que era o DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE e que na nosa clase agora temos no recuncho de médicos un esquelete que nos serviu de referente (e para observar a razón da ausencia de ósos nas orellas, no nariz,...), falamos da importancia de coidar estes sentidos axudados pola pirámide de alimentos. Ollo coas respostas que escribiron e debuxaron ( sen copiar!!!)...
No hay comentarios:
Publicar un comentario