Os tigres traballamos a reo para a nosa graduación. Tod@s estabamos moi ilusionados con ela e por iso planeamos moooooitas actividades para facer dese día un día especial e inolvidable, onde nós foramos os protagonistas .
- O primeiro foi elaborar os nosos birretes e sacar unhas cuantas fotos para que a profe montase a orla
- Elexir o formato de diploma de cada un e pintalo, para que logo a profe o cuñara e firmara ... e ser oficialmente un graduado.
- Crear as cadenetas para adornar a aula e a biblio e pintar as letras do cartel de graduados
- Despois tivemos que rematar de escribir as invitacións para todas aquelas persoas que os tigres consideraron que debían estar con eles: as familias, algunhas profes e Naty. Viaxamos por todo o cole para entregarllas en persoa ( xa veredes no slide)
- Ensaiar e ensaiar o que queriamos contar (os momentos máis especiais que viviran ese ano como facer experimentos, as excursións, coñecernos, disfrazarnos de indios,...) para mellorar o ton, a postura, o volumen, ...
- Decidir que pinchos queriamos poñer ese día e facer outra notiña ás familias por se querían participar
- Elaborar esa mesma mañá unha deliciosa receita de amorodos e cereixas bañadas con chocolate, para darlle un toque festivo, pero saudable, non en vano levamos todo o curso promocionando o consumo de froita!
E vos xa sabedes o ben que saiu todo e o que gozaron estes pequechos, así que só me queda por dicir: Moitas grazas a tod@s por acompañarnnos e ás profes Silvia e Vero pola súa axuda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario