Hoxe por fin fomos a coñecer unha aula e uns nenos de Primaria: a clase da profe Mónica (1º B). Antes de subir preparamos algunhas preguntas que nos apetecía facerlles como:
- Escribisdes en minúscula?
- Pasádelo ben?
- Estudades ben? ...
O primeiro que fixemos foi observar a clase e despois os amig@s de primeiro deixáronnos sentar nas cadeiras e mirar os libriños. Guauuuuu!!! Que maiores pareciamos ali!!!! Tamén tivemos que recordarlles como son as normas que se seguen en Infantil - parece que en Primeiro tamén ás veces se olvidan delas- e formulámoslle as nosas preguntas. Eles tamén tiveron ocasión de preguntarnos a nós e non vexades como nos puxeron a proba!!! SE SABIAMOS LER, SE SABIAMOS SUMAR, SE CANTOS ERAN 10 +4,... e nós, por suposto, saimos airos@s de todas elas,...
Agora xa respiramos tranquiliños porque Primaria encántanos!!!
Moitas grazas a Mónica e aos seus nen@s por facernos sentir tan ilusionados coa nosa nova etapa!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario