Como se notaba que hoxe era o último día de clase. Chegounos a pouco a mañá... algúns nen@ non entendían porque non quedaba tempo para os recunchos ou a razón de que viñeran por clase moitas das profes que nos deron clase este ano: Silvia, María (mestra de Audición e Linguaxe), Cristina (profe de Inglés),... e ata catro representantes dos de 6º de Ed. Primaria, que marchan para o Instituto...Todas querían despedirse de nós e desexarnos unhas felices vacacións!!!!
Estas dúas fotos non van no Cd porque saqueinas hoxe no patio no ratiño de lecer que tivemos despois dos xogos na aula e antes da merendola!!! Aínda que tardarán un pouquiño máis en cargar non lles baixei a calidade para que podades descargalas sen problemas.
Pero... esto no es todo amigos ......
Os tres tigres que quedaron a comerdor hoxe (Nico, Martín e Ainhoa) foron os encargados de entregarlle unha miniorla a Naty ... non vexades canto lle gustou!!!!!!
Non desconectedes todavía deste blog porque estes días seguirei metendo algunhas experiencias realizadas na aula e as dúas grandes celebración de final de curso: A graduación e o festival de final de curso
APROVEITO ESTA ENTRADA PARA DAR DE NOVO MIL GRAZAS A FAMILIAS E NEN@S POR ESTE ANO DE ILUSIÓN E TRABALLO CONXUNTO!
MIL GRAZAS A ESTES PEQUES PORQUE FORON GRANDES MESTRES PARA MIN, PORQUE FACÍAN QUE VIR AO COLE FOSE UNHA AVENTURA NOVA CADA DÍA E MIL DISCULPAS PORQUE ÁS VECES O HORARIO LECTIVO - E NON AS NOSAS NECESIDADES- FOI O QUE MARCOU O NOSO RUMBO.
SODES UNHA CLASE FANTÁSTICA E DE VERDADE QUE ESTOU MOI ORGULLOSA DOS GRANDES AVANCES QUE ACADÁCHEDES!!!!
CHICOS E CHICAS, FELICES VACACIÓNS !!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario