jueves, 30 de diciembre de 2010

FELIZ ANO 2011 DENDE CARBALLO!!!!!

Os tigres e os leóns deséxanvos a tod@s un FELIZ ANO 2011 cheo de sorpresas, emocións, aventuras e diversión!!!!


lunes, 27 de diciembre de 2010

Os aniversarios dos tigres

Xa case tod@s os tigres temos 5 anos!!!!! Durante este primeiro trimestre celebramos 11 aniversarios!!!!  

Ricardo, Carlos, Alejandra, Jordi, Isma, Iván, Laura, Miguel Pérez,Paula, Cigan e Borja.

Nalgúns sopramos candeas na tarta e noutros as dramatizamos cos nosos corpos e mans, algunhas veces tiramos das orellas, noutras ocasións ata nos atrevimos co "Happy Birthday", pero en todas as celebracións os homenaxead@s pintaron  e adornaron con gomets a súa coroa axudados por amig@s, cantaron "Cumpleaños feliz",  recibiron un forte aplauso para celebrar o maiores que xa eran e un agasallo de cada un de nós recollido nun libro, para que sempre se lembren dese día tan especial!! PARABÉNS A TOD@S DE NOVO!!!!!!!!!

domingo, 26 de diciembre de 2010

OS NOSOS CUMPLES

Ao longo deste trimestre, a clase dos leóns celebramos o cumple dalgúns dos nosos compañeiros, ademais de invitarnos a un anaco de tarta ,(na que eles participaron na súa elaboración ), traernos un agasallo, tamen nos ensinaron os seus irmáns. Como supoñemos que queredes ver todo adiante.....


O FESTIVAL DE NADAL

O martes 21 ,como remate do 1º trimestre ,celebramos o festival de nadal. Foi un día moi atarefado, pola mañá fomos ao Pazo da Cultura e pola tarde tivemos a visita dos Reis Magos.
No Pazo  da Cultura ,os nenos e nenas cantaron  panxoliñas, recitaron  poemas, e nós a clase dos leóns representamos unha pequena obra : O ARCO DA VELLA, esperamos que vos gustase, ainda que non se oia moi ben, despois pola tarde saímos ao patio a recibir as súas Maxestades de Oriente, para entregarlles as nosas cartas.Pero ...... aquí non queda todo, xa que ao día seguinte  fixemos festa rachada con bailoteo e picoteo.

Se queredes ver unha pequena mostra de todo  o que vos acabamos de contar , adiante....

jueves, 23 de diciembre de 2010

No Nadal postres saudables

Que mellor maneira de fomentar o consumo de froitas que facendo un postre navideño divertido e rico,rico, que teña o plátano como protagonista? Para conseguilo os tigres preparamos tamén a nosa árbore de Nadal.


              Nesta ocasión contamos coa colaboración do papá de Miguel Pérez- da gusto que tamén pasen papás polas aulas-, que tamén se chama Miguel (e que demostrou unha paciencia inmensa con nós).  Os ingredientes xa volos contaron os leóns e a elaboración foi moi semellante agás no xeito de estender o chocolate. Aproveitando tanta axuda (pois tamén estiveron con nós as profes Silvia e Verónica) acabamos cociñando todos xuntos: mentres que uns derretían o chocolate outros cortaban o plátano en 10 rodaxas, dividían os sobaos á metade...e logo cada un  montaba a súa propia árbore. Para saber de quen era cada  unha nos organizamos por parellas e escribimos o nome do noso compañeir@ na tarxeta identificativa... e é que o noso xa o temos moi sabido... así que tocaba practicar co dos demais. Uns se arriscaron a escribilo soiños, outros copiaron e algún precisou a axuda do seu amig@ que o ía guiando na escrita.

           Unha vez rematado o traballo recollimos e limpamos ENTRE TOD@S: uns lavaron os recipientes no baño xunto Silvia e outros limparon o mantel na clase.
           Para agradecerlle a súa axuda regalámoslle a Miguel o xa famoso ramo de flores e dímoslle as grazas unha, dúas, tres,.... cantidade de veces!!  E non nos olvidamos de Silvia e Verónica ... sen a participación de todos eles estas actividades non serían posibles!!!

sábado, 18 de diciembre de 2010

UNHA ÁRBORE COMESTIBLE.

O xoves, a clase dos leóns estivemos de cociñeiros cunha pinche; moi traballadora e que veu moi preparada ,pois trouxo mandilón e co nome posto (é de agradecer ,imaxinade que o perde e non sabemos de quen é ,non miramos se traía cinta para colgalo)
A receita foi moi sinxela de facer e precisamos de poucos ingredientes,chocolate,plátanos,sobados, leite e estreliñas para adornar.Os pasos foron os seguintes:
- partimos o chocolate, engadímoslle leite e metémolo no microondas a fundir,
- pelamos o plátano e cortámolo en rodaxas,
- unha vez fundido o chocolate untamos cada rodaxa de plátano con él e colocámolas nunha bandexa, formando unha árbore,
- despois partimos un sobado a metade que sería o tronco da árbore,
- por último pintamos a árbore con chocolate e adornámola con estreliñas.
Para saber cal era a árbore de cada un puxémoslle o nome.
Despois de cociñar sempre toca limpar, por eso queremos agradecer a BELÉN (é a nai de Fátima) toda a súa axuda ,tanto a hora de cociñar como de limpar e tamén a profe Silvia .Moitas gracias e biquiños.



domingo, 12 de diciembre de 2010

Os números de Mara

A semana pasada pasou pola clase unha tigresa moi xovenciña: a irmá de Borja. Veu acompañada da súa mamá. O día anterior prepararamos na aula algunhas preguntas que lle podiamos facer tanto a Borja como á mamá para coñecer cousas de Mara:

- Como a coida?
- Como dorme?
- Que come?
- A que lle gusta xogar?
- En que mes e ano naceu?
- Como o pasa na casa?
- Onde vive?
- Como lle da o biberón?  

Coas respostas fixemos moitas contas: os meses que tiña (contándoos dende o seu nacemento), o que mide, empregando unha cinta métrica que tiñamos do traballo cos tigres,o seu peso, o de Borja e a diferenza que hai entre os dous. Mara portouse de marabilla: sorriu, falou e incluso chorou un pouquiño para dicirnos que falando todos á vez non nos entendía.
Para saber como cambia Mara durante este curso as convidamos de novo á nosa aula ao remate do curso.

sábado, 11 de diciembre de 2010

Unha mostra dos nosos traballos

No mes de decembro as rúas énchense de luces e cores e nos, queremos levar ao noso colexio as cores do nadal.A clase dos leóns estamos a traballar moito,moito e fixemos un motón de cousas. Imosvos amosar algunhas delas:

- participamos na elaboración da árbore de nadal,
- estamos a facer o traxe para o festival,
- fixemos a portada dos traballos do 1º trimestre,
- fixemos unha mini árbore para decorar o noso cuarto,
- elaboramos a postal de nadal e participamos no concurso organizado polo colexio, a ver se temos sorte e gañamos....



Xogos do Nadal

Achégase o Nadal e a casa, a rúa, as tendas,...comezan a vestirse de gala. No cole, onde tamén nos sumamos a esta celebración, estamos a decorar o corredor entre tod@s con preciosos murais e unha fantástica árbore de Nadal  feita cos cartón do papel hixiénico. Mentres a rematamos deixámosvos estes xogos onde podedes montar todas as árbores que queirades coa axuda das vosas familias e xogar virtualmente coa neve, construíndo un personalizado boneco de neve...

lunes, 6 de diciembre de 2010

A maxia das cores

Na último taller de experimentos os tigres gozamos da MAXIA DAS CORES!! A profe Silvia propúxonos unha actividade superdivertida onde empregamos simplemente un folio, uns lápis ( para o nome) e pintura de varias cores (azul, vermella, verde e amarela) que botamos no folio e tapamos dobrándoo á metade. Extendimos ben a pintura co canto da man e ao abrilo...tachán!!!!Apareceron formas e cores novas e...non había ningunha igualiña ca outra!! Mirade as nosas caras, dino todo!

jueves, 2 de diciembre de 2010

COMO SABE O NOSO QUEIXO

O xoves desta semana ,os leóns, tivemos unha merenda moi especial, probamos nada máis e nada menos que o queixo que fixeramos entre todos coa  avoa de Lucía.Ademáis de traernos o queixo que fixéramos e que xa estaba curado , tamén nos trouxo un fresco ,para que poideramos comparar o sabor dos dous, o curado e o fresco.A opinión de case todos e que estaban para chuparse os dedos.Fixemos un bocata con pan e queixo que estaba rico, rico.Pero... eso non foi todo ,xa que a nosa avoa (porque ainda que é a avoa de Lucia ,xa a consideramos como se fose de todos) ademais trouxonos unha sorpresa.....unhas galletas con diferentes formas que estaban boisimas,boisimas.Dende aqui o NOSO AGRADECEMENTO para CELIA por ensinarnos a facer queixo,por compartir con nós o seu saber, por os pasteliños que nos trouxo o primeiro dia e polas galletas.DE VERDAD MOITAS GRACIAS E MOITOS BICOS DOS LEÓNS.