O martes 21 ,como remate do 1º trimestre ,celebramos o festival de nadal. Foi un día moi atarefado, pola mañá fomos ao Pazo da Cultura e pola tarde tivemos a visita dos Reis Magos.
No Pazo da Cultura ,os nenos e nenas cantaron panxoliñas, recitaron poemas, e nós a clase dos leóns representamos unha pequena obra : O ARCO DA VELLA, esperamos que vos gustase, ainda que non se oia moi ben, despois pola tarde saímos ao patio a recibir as súas Maxestades de Oriente, para entregarlles as nosas cartas.Pero ...... aquí non queda todo, xa que ao día seguinte fixemos festa rachada con bailoteo e picoteo.
Se queredes ver unha pequena mostra de todo o que vos acabamos de contar , adiante....
No hay comentarios:
Publicar un comentario