O xoves desta semana ,os leóns, tivemos unha merenda moi especial, probamos nada máis e nada menos que o queixo que fixeramos entre todos coa avoa de Lucía.Ademáis de traernos o queixo que fixéramos e que xa estaba curado , tamén nos trouxo un fresco ,para que poideramos comparar o sabor dos dous, o curado e o fresco.A opinión de case todos e que estaban para chuparse os dedos.Fixemos un bocata con pan e queixo que estaba rico, rico.Pero... eso non foi todo ,xa que a nosa avoa (porque ainda que é a avoa de Lucia ,xa a consideramos como se fose de todos) ademais trouxonos unha sorpresa.....unhas galletas con diferentes formas que estaban boisimas,boisimas.Dende aqui o NOSO AGRADECEMENTO para CELIA por ensinarnos a facer queixo,por compartir con nós o seu saber, por os pasteliños que nos trouxo o primeiro dia e polas galletas.DE VERDAD MOITAS GRACIAS E MOITOS BICOS DOS LEÓNS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario