domingo, 12 de diciembre de 2010

Os números de Mara

A semana pasada pasou pola clase unha tigresa moi xovenciña: a irmá de Borja. Veu acompañada da súa mamá. O día anterior prepararamos na aula algunhas preguntas que lle podiamos facer tanto a Borja como á mamá para coñecer cousas de Mara:

- Como a coida?
- Como dorme?
- Que come?
- A que lle gusta xogar?
- En que mes e ano naceu?
- Como o pasa na casa?
- Onde vive?
- Como lle da o biberón?  

Coas respostas fixemos moitas contas: os meses que tiña (contándoos dende o seu nacemento), o que mide, empregando unha cinta métrica que tiñamos do traballo cos tigres,o seu peso, o de Borja e a diferenza que hai entre os dous. Mara portouse de marabilla: sorriu, falou e incluso chorou un pouquiño para dicirnos que falando todos á vez non nos entendía.
Para saber como cambia Mara durante este curso as convidamos de novo á nosa aula ao remate do curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario