miércoles, 9 de marzo de 2011

Investigando a vida dos indios

Como vos dixemos, non todo quedou no disfrace,... os tigres fixemos moitas actividades máis. Para pensar un pouquiño en como sería a súa vida a profe creou este powerpoint con fotografías de páxinas moi interesantes de Internet para que os nen@s describisen e interpretasen as imaxes; estes son dous exemplos dos seus razonamentos:

- Por que son diferentes estas fotografías ás que temos nós? " Non había tinta" " sairon da fotocopiadora" "eran fotos antigas,..."?
- Por que levaban dese xeito aos seu fillos? "Para que os animais non lle mordesen os brazos"...

Por outra banda, tamén limos o conto de Pocahontas, e vimos un resumo da película, algúns estiveron tan atentos que lembraban cada pequeno detalle:



E chamamos á chuvia ... case diariamente. Conforme ían traendo os paos de chuvia ían explicando o proceso de creación compartida entre eles e a súa familia. Para escoitar ben pechabamos os ollos e concentrábamonos no son que facía.


Para presentar o noso disfrace ao resto da comunidade educativa fixemos en colaboración cos leóns esta preciosa carta de presentación:


 E para que puideran cantar coas familias a nosa canción Ani kuni a levaron escrita para casa dous días antes da actuación. Mirade como representaron a construción e montaxe do tipi:

martes, 8 de marzo de 2011

PEQUENOS DESCUBRIMENTOS.

Hai algúns días , a clase dos leóns estivemos facendo descubrimentos coa profe Silvia. Esta vez tocoulle saber se o corpo (neste caso un ovo )AFUNDE OU FLOTA.
Para levar a cabo o experimento necesitamos : tres vasas con auga, azúcre, sal e un ovo. Nun dos vasos con auga botamos azúcre, noutro botamos sal, e no terceiro só a auga.O experimento consistiu en meter o ovo nos tres vasos e ver que sucedía.Queredes velo....


ENTROIDO INDIO.

Como xa todos puidestes ver , o venres celebramos no cole    un  ENTROIDO DE CONTO,  onde cada nivel escolleu o conto do que quería ir, tivemos carapuchiñas vermellas, blancaneves , pingüinos, soldadiños , princesas.... e como non INDIOS. A clase dos leóns e os tigres fomos de POCAHONTAS. Moitos dos papis e das  mamis dos leóns viñestes ver o desfile e  para  aqueles , que non puideron vir,  aqui tedes unha pequena mostra do ben que o fixemos (antes, durante e despois do desfile).






MOITISIMAS GRACIAS A BELÉN E A ROSANA POR TODA A SÚA COLABORACIÓN.

domingo, 6 de marzo de 2011

ENSAIOS PREVIOS

Toda actuación que se precie ten antes uns ensaios previos e un traballo moi duro, e nós como bos artistas ,tamén tivemos que facelos. A continuación podedes ver os ensaios que os tigres e  os leóns  fixemos para montar o tipi e como ensiamos a danza, a ver que vos parece.....





...credes que nos parecemos?????


Se queredes ver máis fotografías de interiores de tipis picade aquí

sábado, 5 de marzo de 2011

XOVES FESTEIRO.

Este xoves pola tarde, os nenos e nenas de infantil fomos disfrazados do que quixemos ao cole. As profes, tíñannos preparados uns desfiles no ximnasio, e xa veredes que estilo e que movementos temos , parecía a pasarela Cibeles ou a de Gaudí. Na clase dos leóns houbo disfraces para todos os gustos, xoaniñas , sevillanas , Blancaneves, indios , demos, fadas, .....etc...Os leóns ademais de desfilar no ximnasio, a nosa profe fíxonos fotos na clase e como supoñemos que as queredes ver ......aí van , a desfrutar delas.


De tigres a indios nun entroido de conto


GUAPÍSIM@S!!! Así é como foron vestidos os tigres e as tigresas este entroido. Traballaron moito nos seus traxes e penachos: pegaron gomets e plumas, cortaron cartolinas e ainronfix, escribiron o seu nome en minúsculas dentro do sol e da lúa,... E así saimos a bailar a nosa danza india (o Ani kuni) arredor do tipi que construimos e decoramos ao longo destas últimas dúas semanas. Queremos agradecer dende aquí a esas mamás- indias que participaron no festival acompañándonos e montando o tipi no medio da "pasarela"... SODES FANTÁSTICAS!!!!!!!!!

Por certo, se algunha familia ten a foto da sentada diante do tipi que nola mande ao correo mayteyraquel@gmail.com, que nola traia á volta nun pen,...para así poder colgala aquí e que a vexan tod@s os que non puideron asistir.



Tedes aquí as fotografías deste día tan especial onde nos podedes ver esperando na aula, tocando os paos de chuvia, comendo as orellas, filloas,... que aportáchedes as familias, bailando ao son de King África,... Se picades na foto reenviaravos ao noso album de picasa dende onde podedes descargar todas as fotos que queirades.

entroidotigres
Pero aquí non remata todo... durante estas vacacións contarémosvos todo o que fixemos nesta semana de Entroido Bergantero

jueves, 3 de marzo de 2011

ASÍ COSÍA , ASÍ COSÍA......

A clase dos leóns dámoslle a todo, tan pronto facemos rosquillas como oimos o corazón dun can como pintamos as uñas ou facemos de costureiras. O luns pola mañá tivemos a visita da mami de Rubén que nos ensinou un montón de cousas: as súas ferramentas e como se toman as medidas para facer a roupa. Trouxonos agullas, cinta métrica, tiza de marcar alfileres e ata unha máquina de coser, algúns de nós nunca viramos unha. E eso non foi todo , xa que tamén trouxo unhas bolsiñas para que fixeramos uns ambientadores. Como supoñemos que queredes ver todo abride os ollos...............



GRACIAS MAMI.