sábado, 5 de marzo de 2011

De tigres a indios nun entroido de conto


GUAPÍSIM@S!!! Así é como foron vestidos os tigres e as tigresas este entroido. Traballaron moito nos seus traxes e penachos: pegaron gomets e plumas, cortaron cartolinas e ainronfix, escribiron o seu nome en minúsculas dentro do sol e da lúa,... E así saimos a bailar a nosa danza india (o Ani kuni) arredor do tipi que construimos e decoramos ao longo destas últimas dúas semanas. Queremos agradecer dende aquí a esas mamás- indias que participaron no festival acompañándonos e montando o tipi no medio da "pasarela"... SODES FANTÁSTICAS!!!!!!!!!

Por certo, se algunha familia ten a foto da sentada diante do tipi que nola mande ao correo mayteyraquel@gmail.com, que nola traia á volta nun pen,...para así poder colgala aquí e que a vexan tod@s os que non puideron asistir.



Tedes aquí as fotografías deste día tan especial onde nos podedes ver esperando na aula, tocando os paos de chuvia, comendo as orellas, filloas,... que aportáchedes as familias, bailando ao son de King África,... Se picades na foto reenviaravos ao noso album de picasa dende onde podedes descargar todas as fotos que queirades.

entroidotigres
Pero aquí non remata todo... durante estas vacacións contarémosvos todo o que fixemos nesta semana de Entroido Bergantero

No hay comentarios:

Publicar un comentario