A clase dos leóns dámoslle a todo, tan pronto facemos rosquillas como oimos o corazón dun can como pintamos as uñas ou facemos de costureiras. O luns pola mañá tivemos a visita da mami de Rubén que nos ensinou un montón de cousas: as súas ferramentas e como se toman as medidas para facer a roupa. Trouxonos agullas, cinta métrica, tiza de marcar alfileres e ata unha máquina de coser, algúns de nós nunca viramos unha. E eso non foi todo , xa que tamén trouxo unhas bolsiñas para que fixeramos uns ambientadores. Como supoñemos que queredes ver todo abride os ollos...............
GRACIAS MAMI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario