Como vos dixemos, non todo quedou no disfrace,... os tigres fixemos moitas actividades máis. Para pensar un pouquiño en como sería a súa vida a profe creou este powerpoint con fotografías de páxinas moi interesantes de Internet para que os nen@s describisen e interpretasen as imaxes; estes son dous exemplos dos seus razonamentos:
- Por que son diferentes estas fotografías ás que temos nós? " Non había tinta" " sairon da fotocopiadora" "eran fotos antigas,..."?
- Por que levaban dese xeito aos seu fillos? "Para que os animais non lle mordesen os brazos"...
Por outra banda, tamén limos o conto de Pocahontas, e vimos un resumo da película, algúns estiveron tan atentos que lembraban cada pequeno detalle:
E chamamos á chuvia ... case diariamente. Conforme ían traendo os paos de chuvia ían explicando o proceso de creación compartida entre eles e a súa familia. Para escoitar ben pechabamos os ollos e concentrábamonos no son que facía.
Para presentar o noso disfrace ao resto da comunidade educativa fixemos en colaboración cos leóns esta preciosa carta de presentación:
E para que puideran cantar coas familias a nosa canción Ani kuni a levaron escrita para casa dous días antes da actuación. Mirade como representaron a construción e montaxe do tipi:
No hay comentarios:
Publicar un comentario