domingo, 29 de mayo de 2011

A pensar tamén se aprende

Unha das habilidades máis útiles nesta vida é a de pensar. Para desenvolver dita capacidade os tigres adoitamos adicar un tempiño á semana a Xogar a pensar, aínda que o tentar reflexionar e xustificar as respostas acaba extendéndose a toda a vida na aula. O obxectivo final é que todos aporten algo, que se enriquezcan no diálogo cos demais, na flexibilidade de alternativas ante un problema e que aprendan a xustificar as súas posturas. Se seguides lendo comprobaredes o emocionantes que foron as últimas sesións.

Na primeira chegou á aula esto:

Despois do asombro inicial e dunha pequena observación (na que lle contaron 13 dentes) comezaron preguntas como:
Que era? Como podiamos sabelo?...
Estes ósos estaban segur@s de que pertencían a un "dinosaurio (Diplodocus, sen dúbida), un crocodilo, un reptil, un hipopótamo, unha quenlla..." polo tamaño da cabeza, o longo que era o seu morro,...
( fixádevos como foron capaces de buscar similitudes entre diferentes animais)


Estas foron as explicacións a "Como era posible que a profe os tivese?". Sabede que foron moi debatidas  porque había quen dicía que un museo non emprestaban as cousas tan facilmente.

(desierto, playa, museo, África, Islas Canarias, excavando y con un tesoro)
 Por último a profe pediulles que pensaran como sería o resto do corpo dese animal e que o debuxaran. 



Para ver a segunda sesión teredes que esperar uns días máis.

sábado, 28 de mayo de 2011

O TEMPO ,NON DA PARA MÁIS......

Cada vez queda menos para o final, e ainda nos quedan unha chea de cousas por rematar. Quen non se lembra daquela bruxa que comezamos no Samin e que está a medias, e do totem que iamos construir, pois ben nesta semana puxémonos mans a obra e a outras cousas........
- traballamos as sumas en vertical e horizontal NA NOSA LIBRETA,
- no recanto da plástica fixemos un rodillo de pintor,
- rematamos o totem , e a bruxa case...,
- comezamos a facer os modelos para a actuación de fin de curso.
E seguro que fixemos algo máis, que a profe se lle olvida.
FOTITOS....


miércoles, 25 de mayo de 2011

A canción do noso festival: Paco Papán

Os tigres estanse preparando para cantar no festival de fin de curso a canción de Paco Papán. Deixovos esta actividade lim para que vaiades recordando na casa os diferentes oficios nos que traballou...

viernes, 20 de mayo de 2011

CADA VEZ QUEDA MENOS......

Ainda que esta semana foi  máis curta do normal, nós seguimos a  facer un montón de cousas:
- participamos no PETISCO LITERARIO .Preguntarédesvos que é? pois é unha máis, das estupendas ideas que teñen dende a biblioteca.Consistiu en ler as  poesías que viñan NUHA PALLIÑA e  espetadas nunha larpeira e despois comer un anaco de larpeira,
- pintamos os rolos de cartón , a ver se  lle damos traza ao noso totem,
- tamen comezamos a facer unhas flores,
- xogamos na pizarra , facendo sumas en horizontal e en vertical, ordeando números, escribindo frases cunha palabra dada,
- seguimos a participar no concurso DE QUE CONTO ME ESCAPEI.
- estamos a practicar o festival de fin de curso , e a profe SILVIA ten moita paciencia con nós e coa nosa profe.

FOTOS .....

jueves, 19 de mayo de 2011

Enlaces para secuencias

Como algunhas familias dos tigres demandan a necesidade de traballar aspectos temporais cos nen@s deixovos aquí algúns enlaces para realizar con eles secuencias moi sinxeliñas(se picades nas imaxes qe aparecen  faranse grandes e poderedes descargalas)
Picasa Maestros AyL
Picasa Piperquin
Picasa Rommy
Picasa Mamen 
Blog Nuestro diario

Aínda que non son imaxes reais, que sería o ideal, serviránvos para traballar historias, nocións temporais (antes e despois ou primeiro, segundo, terceiro,...), cambiar finais, introducir personaxes novos, estimular a súa linguaxe oral, ...

Para o razonamento e a expresión oral ( tirádelles da lingua, por favor) deixovos estes para detectar e explicar erros:
Picasa Maestros AyL
Picasa hayunlogopedaentuvida


Irei colocando no panel da dereita outros enlaces cos que podedes traballar dende a casa

miércoles, 18 de mayo de 2011

Un problema de mate no petisco literario

Aínda que xa hai unhas semanas que levamos falando de Lois Pereiro e do día das Letras Galegas hoxe todo o CEIP Bergantiños gozou dun petisco literario para conmemoralas. Na hora de ler en cada aula aparaeceu unha enorme torta cortada en anaquiños. En cada anaquiño había unha palliña cunha poesía para que os nen@s gozasen comendo e lendo.

A profe contoulles aos tigres que iamos aproveitar a torta para poñer o número 148, que reflexa os anos que se publicou Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. A sorpresa chegou cando o número non era o esperado, senón 149...VAIA PROBLEMA!!!! "E como o solucionamos?"- preguntou a profe. Despois de pensar un pouquiño e de facer contas decidiron poñer outras candeas que reflexasen o 8 ( que era o número que faltaba), sumando as que xa tiñamos na aula. As súas opcións foron: 3+5 e 6+2... que sorte saber resolver os problemas!!!

 

 Estes son algúns dos recursos que empregamos que nos serviron para falar e moitos temas como a emigración ou dos hábitos hixiénicos ( xa que Lois Pereiro púxose moi enfermo por un alimento que tomou en mal estado)
- A poesía "Adiós ríos, adiós fontes" cantada por Amancio Prada




E o minilibro que fixemos xa o coñecedes:

 


lunes, 16 de mayo de 2011

XA SOMOS SOCIOS DA BIBLIOTECA.

O martes os tigres e os leóns fomos á biblioteca e á ludoteca de Carballo. Cando entramos na biblioteca quedamos abraiados... os libros chegaban ata o teito!!!! O bibliotecario recordounos algunhas das normas principais a respectar tanto se lemos alí como se levamos libros emprestados para casa... sinxelísimas!!! Parécense tanto ás que temos na aula que recordalas será mooooi sinxelo (esperemos que poñelas en práctica tamén). Aproveitamos a visita para recoller os carnés de socios que tramitamos dende o cole. Agora xa podemos ir coa familia e coller os que máis nos gusten. Seguro que xa teñen algúns na mente porque durante a visita deixáronnos unha morea deles que miramos e limos con moita atención.

Na ludoteca puidemos colorear debuxos, ler contos e xogar coa cociniña, as ferramentas de carpintaría, os crebacabezas, os pinchos, ... e o pasamos de marabilla






Moitas grazas a todo o persoal que nos atendeu!!!!