viernes, 20 de mayo de 2011

CADA VEZ QUEDA MENOS......

Ainda que esta semana foi  máis curta do normal, nós seguimos a  facer un montón de cousas:
- participamos no PETISCO LITERARIO .Preguntarédesvos que é? pois é unha máis, das estupendas ideas que teñen dende a biblioteca.Consistiu en ler as  poesías que viñan NUHA PALLIÑA e  espetadas nunha larpeira e despois comer un anaco de larpeira,
- pintamos os rolos de cartón , a ver se  lle damos traza ao noso totem,
- tamen comezamos a facer unhas flores,
- xogamos na pizarra , facendo sumas en horizontal e en vertical, ordeando números, escribindo frases cunha palabra dada,
- seguimos a participar no concurso DE QUE CONTO ME ESCAPEI.
- estamos a practicar o festival de fin de curso , e a profe SILVIA ten moita paciencia con nós e coa nosa profe.

FOTOS .....

1 comentario: