lunes, 16 de mayo de 2011

XA SOMOS SOCIOS DA BIBLIOTECA.

O martes os tigres e os leóns fomos á biblioteca e á ludoteca de Carballo. Cando entramos na biblioteca quedamos abraiados... os libros chegaban ata o teito!!!! O bibliotecario recordounos algunhas das normas principais a respectar tanto se lemos alí como se levamos libros emprestados para casa... sinxelísimas!!! Parécense tanto ás que temos na aula que recordalas será mooooi sinxelo (esperemos que poñelas en práctica tamén). Aproveitamos a visita para recoller os carnés de socios que tramitamos dende o cole. Agora xa podemos ir coa familia e coller os que máis nos gusten. Seguro que xa teñen algúns na mente porque durante a visita deixáronnos unha morea deles que miramos e limos con moita atención.

Na ludoteca puidemos colorear debuxos, ler contos e xogar coa cociniña, as ferramentas de carpintaría, os crebacabezas, os pinchos, ... e o pasamos de marabilla






Moitas grazas a todo o persoal que nos atendeu!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario