domingo, 29 de mayo de 2011

A pensar tamén se aprende

Unha das habilidades máis útiles nesta vida é a de pensar. Para desenvolver dita capacidade os tigres adoitamos adicar un tempiño á semana a Xogar a pensar, aínda que o tentar reflexionar e xustificar as respostas acaba extendéndose a toda a vida na aula. O obxectivo final é que todos aporten algo, que se enriquezcan no diálogo cos demais, na flexibilidade de alternativas ante un problema e que aprendan a xustificar as súas posturas. Se seguides lendo comprobaredes o emocionantes que foron as últimas sesións.

Na primeira chegou á aula esto:

Despois do asombro inicial e dunha pequena observación (na que lle contaron 13 dentes) comezaron preguntas como:
Que era? Como podiamos sabelo?...
Estes ósos estaban segur@s de que pertencían a un "dinosaurio (Diplodocus, sen dúbida), un crocodilo, un reptil, un hipopótamo, unha quenlla..." polo tamaño da cabeza, o longo que era o seu morro,...
( fixádevos como foron capaces de buscar similitudes entre diferentes animais)


Estas foron as explicacións a "Como era posible que a profe os tivese?". Sabede que foron moi debatidas  porque había quen dicía que un museo non emprestaban as cousas tan facilmente.

(desierto, playa, museo, África, Islas Canarias, excavando y con un tesoro)
 Por último a profe pediulles que pensaran como sería o resto do corpo dese animal e que o debuxaran. 



Para ver a segunda sesión teredes que esperar uns días máis.

1 comentario:

  1. Como nos gusta esta actividade!! Estamos desexando ver a segunda parte. Porfa, sube axiña as fotos!!!

    ResponderEliminar