domingo, 30 de enero de 2011

TRUFEANDO NO TALLER DE COCIÑA.

Este xoves pola tarde,tivemos unha riquisima sorpresa ,xa que pasou polo cole a nai de Mariana e ensinounos a facer trufas. Queredes saber como se fan SÍ....
POIS OS INGREDIENTES SON :
nata, manteiga, chocolate, 2 xemas de ovo e virutas de chocolate e a forma de facelas vai no seguinte slide:



O NOSO AGRADECEMENTO A NAI DE MARIANA ,gracias mami.

O LONGO DA SEMANA FIXEMOS......

Moitas , moitisimas cousas:
- fixemos a nosa casiña da Paz e colocámola no mural da entrada,
- seguimos a poñerlle as follas a árbore do pasillo , coas máns que trouxemos da casa,
- rematamos o proxecto do medo e fixémoslle unha portada de medo,
- tivemos a visita dos nenos de Carmiña que nos convidaron a probar as rosquillas que fixeron,
- nunha cartolina branca, pegamos o verso da Paz que nos tocou e decorámola con moitos debuxos,
- por fin,  rematamos a receita da árbore de Nadal e a profe non tivo mellor idea que darnos todas as follas para que as ordeasemos nós ...e eran 24... e fixémolo bastante bén,
- tamén tivemos un taller de cociña coa nai de Mariana (imaxinamos que a profe tamén quererá que escribamos a receita)
- ademáis xogamos en todos os recantos,  no da plástica estamos a facer o cadro das Mariscadoras de Luis Seone.

E algunhas; das nosas mamás; estiveron moi aplicadas; axudando a facer os nosos disfraces así que, moitas gracias mamis......
A continuación unha pequena mostra do noso traballo.......bicos.....

viernes, 28 de enero de 2011

Durmimos cos Sacapenas

Onte contamos na aula o conto Sacapenas, da Ed. Kalandraka, un dos que propuxo a profe e que lle tocou a Amalia.


 
Que coincidencia que aos seus papás regaláronlle unha bolsiña con Sacapenas e que tiveron a gran idea de traela ao cole para ensinarllos aos compañeiros !!!!!

Primeiro a profe e Amalia leron en alto o conto e despois fixemos unha pequena dramatización, para ver se era verdade que eses bonequiños eran tan máxicos e nos quitaban a pena. A falta de cama e almofada os tigres puxeron a imaxinación a andar e empregaron unha esterilla e un peluche que temos na aula para substituilos. Logo tod@s os que quixeron sairon a falar co seu Sacapenas (ben ao oído, ben en alto).Mirade cales son algunhas das súas preocupacións:

- Que me pequen patadas
- Que haxa guerras
- Que me fagan faltas xogando ao futbol,...

Os bonecos deberon de escoitar moi atentamente porque cando os tigres se levantaban aseguraban estar moito máis content@s.

Só o reloxo-despertador foi quen de levantarnos (que mellor ocasión para traballar as horas!!!)

Vendo o ben que nos facían sentir ao quitarnos un peso de enriba Amalia propuxo levalos a casa...debeu de ser por se nos quedaba algunha pena por ahí gardada ...que sorte!!!!!! Sobre todo para aqueles amig@s que non se atreveron a sair...

jueves, 27 de enero de 2011

ULE A BRUXA!!

E de onde saiu ese cheiro??? Pois da apócema que fixemos na aula. Na hora de xogar a pensar apareceu na clase a caixa de sempre cunha sorpresa dentro: os ingredientes para facer unha apócema... cales serían??? Os tigres pensaron que podían ser: un cazamariposas, unha serpe (que faría as burbullas), veneno, un rato, moscas e teas de araña. Porén non o tiñan tampouco muy claro porque comezaron a facerse moitas preguntas: como se pode meter un cazamariposas nesa caixa? se houbese un serpe non faría ruido? e se as serpes viven en África como chegaría ata a caixa? Non tería que cruzar un río? e non sería un mar?
Cando a abrimos atopamos un botella, un boteciño e unha copa. A botella "podía ser aceite", pero como tiña unhas uvas diante Carlos aclarou que tiña que ser vinagre. A cousa complicouse co boteciño ... As opcións para saber que era foron: probalo ou ulilo, pero a profe tivo que recordarlles que se era para unha apócema podería sentarnos mal ou ser perigoso, así que despois de moito cavilar decidimos LER O QUE POÑÍA NEL .... BI-CAR-BO-NA-TO!!!

Ao mesturar os ingredientes ocorreu algo máxico ...




...apareceron burbullas e máis burbullas que acabaron rebosando a copa e un olor estraño...ulía a bruxa!!!










Ao día seguinte David e Ismael, escolleron o recuncho do ordenador para poder facer un resumo da vivencia. Esto foi o que se lles ocorreu:



Dou as grazas dende aquí á profe Laura do blog quehacemoshoyenelcole, da que saiu esta fantástica idea.

domingo, 23 de enero de 2011

COMO NOS FOI A SEMANA.

Como xa sabedes, a clase dos leóns neste trimestre non ten libro mais esto non quere decir que non traballemos e non fagamos cousas, algunhas das cales aparecen de seguido (esperemos que a profe non lle pase como a semana anterior e non se esqueza de poñer fotos de todo, ainda que como dí ela, non sempre se lembra de sacar fotos para despois ensinárvolas)

- O recanto da perruqueria está sendo un éxito, e eso que ao principio os nenos dixeron que era
un xogo para nenas, máis.... xa veredes que ben lle da Rubén ao secador.
- Empezamos a traballar co tema da Paz ,( non so o traballamos nestas datas senon ao longo de todo o ano) facendo as nosas mans , recortándoas e pegándoas na árbore do pasillo.
- Rematamos o cadernillo do albanel (que xa o levaron para casa) e unha das súas ferramentas.
- A palabra máxica esta semana foi PERRUQUEIRA; e ainda que non empezamos co seu cadernillo sí que fixemos un aparello que usan os/as perruqueiros, ¿adivinades cal pode ser?......¿NON COÑECEREDES ALGÚN OU ALGUNHA PERRUQUEIRA/O QUE NOS QUEIRA VIR FACER UNHA DEMOSTRACIÓN DO SEU TRABALLO?
- Coa profe Sivia fixemos papiroflexia e xogamos cos aros.
- A profe Verónica levounos o encerado dixital.
- Tamén lemos algúns dos libros que levamos a clase e puxémolos na mesa da entrada.
- Seguimos a investigar aquelas cousas dos leóns que máis nos interesa, desta vez; tocoulle: ¿canto se queren os leóns? Para o cal  por un tempo fomos leóns e xa veredes como nos queremos ......
Como podedes ver seguimos a traballar moito e ben , según dí a profe.

sábado, 22 de enero de 2011

Plasmamos o nosos coñecementos dos tigres ....

... mediante a linguaxe corporal e plástica. O xoves pola tarde saimos ao patio para gozar dun marabilloso día de sol en inverno como se foramos tigres, tendo en conta todo o que xa investigaramos. Para iso pintamos o nariz e os bigotes e puxemos unha cola feita con follas de xornal. Foi unha experiencia tan motivadora que aínda que comezou a profe a dar ideas en seguida @s nen@s se animaron a facer propostas...e como saben tantas cousas destes animais non había quen os parara. Fixemos carreiras, saltamos como si quixeramos subir ás árbores, tomamos o sol panza arriba, xogamos como os tigres cachorros, imaxinamos que cazabamos presas como lebres, cervos, ... e deixamos a nosa pegada para marcar o territorio.

Para rematar cada un fixo un tigre cun anaco de plastilina coas súas raias e todo, o pousaron nun anaco de cartolina para poder levar a casa e escribiron o seu nome e a palabra tigre.... non digades que non están para levar a un museo???

miércoles, 19 de enero de 2011

Como se mide o amor?

          Como vos dixemos os tigres recibiron como agasallo de Reis un conto: Te quiero. Cando a profe o leu apareceu unha pregunta moi interesante: Como se mide o amor? ...e nos puxemos a pensar... poderá ou non medirse? con que instrumentos?...Algúns tigres crían que non se podía porque estaba no corazón e outros dicían que poderían facelo co metro. Ata había algún  que seguraba poder medir os bicos empregando só: "Un beso, dúas nenas ( despois de pedir voluntarios, por suposto) e un metro... "mide 7 km"- informounos,... e é que David sabe que cando medimos acompañamos o número dunha unidade de medida pero non lembraba cal.


           E se vos pregunto cómo sabedes canto vos queren os vosos papás e mamás? Vaia, todos abriron os ollos como platos!!"Os meus papás quérenme 50.000" "a min 1.000.0000,..." Pero aínda que buscaron non atoparon eses números "en ese metro" así que optaron por os que eran máis fáciles de situar, como o 10". De súperto un dos tigres sentenciou: " Pois a min quérenme infinito". O debate comezou aquí, mentres uns defendían que infinito non existía outros pensaban que sí, que era un número moi grande, moi grande, eso sí, todos coincidían en que non se podía escribir do longo que era porque tardarían anos e anos e anos,.... A profe propuxo entón anotar números máis pequenos que infinito e alí escribiron: 22, 9, 31,...O máis grande que quixeron poñer foi o 39... xa vedes, conversacións trascendentais que xurden en Ed. Infantil.

              Aquí vos deixo o resumo da experiencia escrita por Nico e Saúl no ordenador:

domingo, 16 de enero de 2011

OS AGASALLOS DOS REIS

Na anterior entrada que a clase dos leóns colgou na blog, dixeramos que os reis trouxerannos algúns agasallos e que fixeramos unha das ferramentas coa que traballan os albaneis mais como a profe está algo despistada non se lembrou de poñer fotos sobre estas cousas, así que vanvos agora...

COMO FOI A PRIMEIRA SEMANA DO ANO

Despois das merecidas vacacións de nadal, tivemos que volver a rutina diaria. Ao chegar a clase o luns , atopámonos cunha grata sorpresa xa que os reis deixárannos uns agasallos , un conto sobre sentimentos e un set de peluquería , para xogar nos recunchos.
Esta semana foi tranquila e como supoñemos que queredes saber  que cousas fixemos  contaremosvos  que:
- seguimos a traballar no proxecto dos leóns,
- fixemos fichas do libro,
- o señor estudoso (esta vez na voz da profe Silvia) presentounos a letra b,
- fixemos unha das ferramentas coas que traballan os albaneis,
- tamén traballamos no encerado dixital, axudando a conectar todos os cables,
- como vedes somos moi aplicadiños.

sábado, 15 de enero de 2011

Os agasallos para a aula

      Queredes saber que deixaron os Reis para os tigres? Como deben de estar moi informados de todo o que facemos, trouxéronnos cousiñas para seguir gozando e aprendendo nos recunchos sobre o corpo e as emocións: Un botiquín, un maletín de médicos, un set de perruquería e un conto titulado Te quiero ,... vaia sorpresa!!!! 

Unha vez abertos os agasallos os tigres tiveron que decidir en que recuncho colocaban cada un e o que con eles podían facer. Aquí xurdiu un problema, porque todo doutor ten na súa consulta un lugar onde deitar os  pacientes, ... entón a profe lembrou que na casa gardaba algo que nos podía servir ...

   
        E agora que xa o temos solucionado atopamos outra necesidade,....precisamos unha almofada para a cabeza, por iso de estar cómodos mentres nos auscultan .... Estamos pensando se construir unha ou empregar algo que teñamos na aula...veremos o que sae de aí.

miércoles, 5 de enero de 2011

Benqueridos Reis Magos ...

Aínda que estou segura de que os Reis Magos saberán recompensar o moito que traballaron os tigres, déixolles aquí unhas fotiños mostrándolles algunhas das actividades que fixeron no mes de decembro, ademais da preparación do festival, do traballo cos cadernillos, da receita de cociña,...
As profes, moi contentas polo que se esforzaron, tamén lles escribimos a nosa carta,... traerannos todo o que lles pedimos para a aula??

lunes, 3 de enero de 2011

Rematamos o trimestre cun bo sabor de boca

O final de trimestre foi moi movido. O martes os tigres participaron no festival de Nadal onde o pasaron xenial. Como lle sucede aos grandes actores ao principio había algúns nervios, pero saiu todo fenomenal,...seguro que polos milleiros de ensaios que fixeron e as ganas que puxeron!!! Sei que hai por aí moitas fotos, pero de momento deixovos aquí unha pequena mostra delas, non teñen gran calidade, pero amosan algúns momentos que os familiares non viviron, como os ensaios, os momentos antes da actuación e como estaban os pequechos xusto antes de abrir o telón.


E pola tarde viñeron a recoller as nosas cartas os Reis Magos de Oriente, que de seguro deixaron os camelos descansando e colleron uns coches para axilizar a visita... Algúns de nós puidemos darlle a man e tod@s lle entregamos a carta que escribimos uns días antes.


Para rematar as clases celebramos unha festa onde todo@s trouxemos produtos típicos destas datas e gozamos da música, e do baile... a canción estrela foi La mané, de Cantajuegos. Se pinchades no seu nome iredes dereitiños ao seu vídeo en You tube.