Como xa sabedes, a clase dos leóns neste trimestre non ten libro mais esto non quere decir que non traballemos e non fagamos cousas, algunhas das cales aparecen de seguido (esperemos que a profe non lle pase como a semana anterior e non se esqueza de poñer fotos de todo, ainda que como dí ela, non sempre se lembra de sacar fotos para despois ensinárvolas)
- O recanto da perruqueria está sendo un éxito, e eso que ao principio os nenos dixeron que era
un xogo para nenas, máis.... xa veredes que ben lle da Rubén ao secador.
- Empezamos a traballar co tema da Paz ,( non so o traballamos nestas datas senon ao longo de todo o ano) facendo as nosas mans , recortándoas e pegándoas na árbore do pasillo.
- Rematamos o cadernillo do albanel (que xa o levaron para casa) e unha das súas ferramentas.
- A palabra máxica esta semana foi PERRUQUEIRA; e ainda que non empezamos co seu cadernillo sí que fixemos un aparello que usan os/as perruqueiros, ¿adivinades cal pode ser?......¿NON COÑECEREDES ALGÚN OU ALGUNHA PERRUQUEIRA/O QUE NOS QUEIRA VIR FACER UNHA DEMOSTRACIÓN DO SEU TRABALLO?
- Coa profe Sivia fixemos papiroflexia e xogamos cos aros.
- A profe Verónica levounos o encerado dixital.
- Tamén lemos algúns dos libros que levamos a clase e puxémolos na mesa da entrada.
- Seguimos a investigar aquelas cousas dos leóns que máis nos interesa, desta vez; tocoulle: ¿canto se queren os leóns? Para o cal por un tempo fomos leóns e xa veredes como nos queremos ......
Como podedes ver seguimos a traballar moito e ben , según dí a profe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario