miércoles, 19 de enero de 2011

Como se mide o amor?

          Como vos dixemos os tigres recibiron como agasallo de Reis un conto: Te quiero. Cando a profe o leu apareceu unha pregunta moi interesante: Como se mide o amor? ...e nos puxemos a pensar... poderá ou non medirse? con que instrumentos?...Algúns tigres crían que non se podía porque estaba no corazón e outros dicían que poderían facelo co metro. Ata había algún  que seguraba poder medir os bicos empregando só: "Un beso, dúas nenas ( despois de pedir voluntarios, por suposto) e un metro... "mide 7 km"- informounos,... e é que David sabe que cando medimos acompañamos o número dunha unidade de medida pero non lembraba cal.


           E se vos pregunto cómo sabedes canto vos queren os vosos papás e mamás? Vaia, todos abriron os ollos como platos!!"Os meus papás quérenme 50.000" "a min 1.000.0000,..." Pero aínda que buscaron non atoparon eses números "en ese metro" así que optaron por os que eran máis fáciles de situar, como o 10". De súperto un dos tigres sentenciou: " Pois a min quérenme infinito". O debate comezou aquí, mentres uns defendían que infinito non existía outros pensaban que sí, que era un número moi grande, moi grande, eso sí, todos coincidían en que non se podía escribir do longo que era porque tardarían anos e anos e anos,.... A profe propuxo entón anotar números máis pequenos que infinito e alí escribiron: 22, 9, 31,...O máis grande que quixeron poñer foi o 39... xa vedes, conversacións trascendentais que xurden en Ed. Infantil.

              Aquí vos deixo o resumo da experiencia escrita por Nico e Saúl no ordenador:

2 comentarios:

  1. Moitas grazas, Silvia!

    Cando falamos de sentimentos os nen@s implícanse moitísimo, así que aproveitando iso fixemos un debate matemático precioso.

    Un saúdo dende a clase dos tigres.

    ResponderEliminar