Queredes saber que deixaron os Reis para os tigres? Como deben de estar moi informados de todo o que facemos, trouxéronnos cousiñas para seguir gozando e aprendendo nos recunchos sobre o corpo e as emocións: Un botiquín, un maletín de médicos, un set de perruquería e un conto titulado Te quiero ,... vaia sorpresa!!!!
Unha vez abertos os agasallos os tigres tiveron que decidir en que recuncho colocaban cada un e o que con eles podían facer. Aquí xurdiu un problema, porque todo doutor ten na súa consulta un lugar onde deitar os pacientes, ... entón a profe lembrou que na casa gardaba algo que nos podía servir ...
E agora que xa o temos solucionado atopamos outra necesidade,....precisamos unha almofada para a cabeza, por iso de estar cómodos mentres nos auscultan .... Estamos pensando se construir unha ou empregar algo que teñamos na aula...veremos o que sae de aí.

No hay comentarios:
Publicar un comentario