Despois das merecidas vacacións de nadal, tivemos que volver a rutina diaria. Ao chegar a clase o luns , atopámonos cunha grata sorpresa xa que os reis deixárannos uns agasallos , un conto sobre sentimentos e un set de peluquería , para xogar nos recunchos.
Esta semana foi tranquila e como supoñemos que queredes saber que cousas fixemos contaremosvos que:
- seguimos a traballar no proxecto dos leóns,
- fixemos fichas do libro,
- o señor estudoso (esta vez na voz da profe Silvia) presentounos a letra b,
- fixemos unha das ferramentas coas que traballan os albaneis,
- tamén traballamos no encerado dixital, axudando a conectar todos os cables,
- como vedes somos moi aplicadiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario