viernes, 11 de febrero de 2011

Como eran os coles de antes, avoa?

O martes visitou a clase dos tigres a avoa de Miguel P.:  Carmen.Tiñamos preparadas moitas preguntas para facerlle e averiguar como era a súa vida na escola. Contounos que sentaba no chan, porque non tiñan moitas cadeiras, que non tiñan recunchos, que tomaba moita froita, que obedecía moito aos seus papás, ao cura e á profe, que non ía todos os días ao colexio porque tiña que traballar, que xogaba ao pilla-pilla coma nós, pero que tamén pasaba moito tempo xogando coas vacas porque tiña que coidalas.
O que máis nos chamou a atención foi que non pintaba con cores,non, empregaba amoras e outros elementos naturais...teremos que probar na nosa clase tamén!!!!!


Ao rematar quixemos sorprendela cun agasallo que preparamos para ela, pero os sorprendidos fomos nós cando sacou do seu bolso algo moi doce: lacasitos para tod@s!!!!
 ENCÁNTANOS QUE AS AVOAS VEÑAN CONTARNOS COUSAS!!!!!!
QUEN QUERE SER A/O SEGUINTE???????

miércoles, 9 de febrero de 2011

OS LEÓNS IMOS DE VIAXE A......

Esta semana parece que os leóns e tamén as súas familias estiveron viaxeiras.
Os avós de Rubén foron de vacacións as Illas Canarias. Buscamos no mapa onde se atopaban estas illas e co dedo máxico fixo a traxecto que os seus avós fixeron en avión dende Santiago ata Canarias.
 Mateo e a súa familia foron algo máis cerca, foron a Portugal en coche e co seu dedo máxico tamén sinalou o traxecto.
 A máis viaxeira de todas é a mami de Milagros que vai moi lonxe,ata o Uruguay.Está tan lonxe que case non o atopamos,a profe deunos unha pista e dixonos que estaba no continente americano e por fin o atopamos.
 Mariana e a sua familia tamén estiveron a semana pasada de vacacións polas Illas Canarias e tamén fixo o traxecto co seu dedo máxico.
Esperamos que todos o pasaran guay e que disfrutaran moito.Biquiños.

domingo, 6 de febrero de 2011

Saltamos máis que os tigres?

Seguimos investigando cousiñas dos tigres analizando pouco a pouco toda a información que aportáchedes. Cando descubrimos que poden saltar de 9 a 10 metros un dos nenos preguntou: "Profe, e nós saltaremos máis ca eles?" e que mellor forma de sabelo que poñéndonos a saltar, marcar, medir e rexistrar eses saltos.Traballamos con números como 66, 90, 105 e 146,...marcamos o máis grande, o máis pequeno, os saltos que eran iguais,...


E é que os tigres son unha fonte inesgotable de comparacións, por exemplo, tamén limos que poden correr ata 72 km/h...e iso será máis ou menos que o coche dos papás?...Será outra cuestión a resolver?

sábado, 5 de febrero de 2011

OUTRA SEMANA DE intenso TRABALLO.

Nesta semana que está a piques de rematar, fixemos unha morea de cousas novas.
- Para empezar o luns, a primeira hora tivemos cita nunha perruqueria moi especial
- Despois do recreo celebramos o día da PAZ ,sendo as nosas portavoces LUCIA E MARÍA,(que por certo o fixeron moi bén
- O martes as mamis viñeron ao cole para axudar a facer os disfraces e, sendo tan traballadoriñas coma nós, xa os remataron. Pola tarde empezou o noso traballo nos disfraces.
- Rematamos o cadernillo das perruqueiras. Cal faremos a vindeira semana.
- Coñecemos dúas novas letras a señora Z e a enfermeira C, eeeeeee acordámonos con quén vai cada unha de paseo?
- Ademáis , por fin esta semana comezamos co préstamo de libros da biblioteca de aula ,e tivemos que apuntar nós o título escollido .

jueves, 3 de febrero de 2011

...se pedimos as cousas por favor

Esta foi a frase que lles tocou escribir nunha cartolina aos tigres para elaborar un poema entre todo o colexio o día da paz...
Todo comezou cando limos o conto de Flon-Flon y Musina co que falamos da guerra e da paz, definindo este último concepto así:
- Tranquilidade
- Festa
- Paloma
- Cosas buenas
- No se pega
Decoramos despois a pomba da paz de Picasso que xa coñeciamos na aula por uns cadros que nos trouxera Miguel S., que recortamos e pegamos para que encheran de paz o corredor do noso colexio.

 Xa que a paz está nas mans de todos, de pequenos e de maiores, e todos temos que colaborar para conseguila ,construimos unha árbore de mans brancas. Os tigres repasaron e recortaron as súas mans na aula e trouxeron da casa as que fixeron coas súas familias... aos que agradecemos moitísimo a súa implicación na actividade.

Inventamos un lema de paz para colgar na entrada do colexio e animar aos demais a UNIRSE Á PAZ!!!


Para rematar elaboramos o noso cartel con esponxas e pinturas e o decoramos para presentalo na festa da paz. Ismael e Daniela foron os encargados de levala e de dicila frase en alto e o fixeron DE MARABILLAAA!!! 


Na festa tamén cantamos a canción de 3+2: "Los niños quieren la paz"...aquí estamos practicándooa e dicindo coas nosas mans unha frase da mesma: BASTA XA!!!!!!!!!! 

martes, 1 de febrero de 2011

CITA NA PERRUQUERÍA

O luns 31 de xaneiro , a clase dos leóns tivemos cita na perruquería.Máis non pensedes que foi nunha perruquería calquera , senon que foi na nosa clase e con persoas moi especializadas ,so fai falta ver que guapos e guapas quedaron todos e todas ,como eles mesmos dixeron estaban para ir de voda.As persoas ás que facemos referencia foron a nai e a tía do noso león Mateo (que disfrutou e pasouno guaiiiiiiiiiiii, e o resto de nós tamén)


MOITISIMAS GRACIAS AS NOSAS PARTICULARES PERRUQUEIRAS,BESITOS MAMISSSSSS.

domingo, 30 de enero de 2011

TRUFEANDO NO TALLER DE COCIÑA.

Este xoves pola tarde,tivemos unha riquisima sorpresa ,xa que pasou polo cole a nai de Mariana e ensinounos a facer trufas. Queredes saber como se fan SÍ....
POIS OS INGREDIENTES SON :
nata, manteiga, chocolate, 2 xemas de ovo e virutas de chocolate e a forma de facelas vai no seguinte slide:



O NOSO AGRADECEMENTO A NAI DE MARIANA ,gracias mami.