Esta semana parece que os leóns e tamén as súas familias estiveron viaxeiras.
Os avós de Rubén foron de vacacións as Illas Canarias. Buscamos no mapa onde se atopaban estas illas e co dedo máxico fixo a traxecto que os seus avós fixeron en avión dende Santiago ata Canarias.
Mateo e a súa familia foron algo máis cerca, foron a Portugal en coche e co seu dedo máxico tamén sinalou o traxecto.
A máis viaxeira de todas é a mami de Milagros que vai moi lonxe,ata o Uruguay.Está tan lonxe que case non o atopamos,a profe deunos unha pista e dixonos que estaba no continente americano e por fin o atopamos.
Mariana e a sua familia tamén estiveron a semana pasada de vacacións polas Illas Canarias e tamén fixo o traxecto co seu dedo máxico.
Esperamos que todos o pasaran guay e que disfrutaran moito.Biquiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario