Todo comezou cando limos o conto de Flon-Flon y Musina co que falamos da guerra e da paz, definindo este último concepto así:
- Tranquilidade
- Festa
- Paloma
- Cosas buenas
- No se pega
Decoramos despois a pomba da paz de Picasso que xa coñeciamos na aula por uns cadros que nos trouxera Miguel S., que recortamos e pegamos para que encheran de paz o corredor do noso colexio.
Xa que a paz está nas mans de todos, de pequenos e de maiores, e todos temos que colaborar para conseguila ,construimos unha árbore de mans brancas. Os tigres repasaron e recortaron as súas mans na aula e trouxeron da casa as que fixeron coas súas familias... aos que agradecemos moitísimo a súa implicación na actividade.
Inventamos un lema de paz para colgar na entrada do colexio e animar aos demais a UNIRSE Á PAZ!!!
Para rematar elaboramos o noso cartel con esponxas e pinturas e o decoramos para presentalo na festa da paz. Ismael e Daniela foron os encargados de levala e de dicila frase en alto e o fixeron DE MARABILLAAA!!!
Na festa tamén cantamos a canción de 3+2: "Los niños quieren la paz"...aquí estamos practicándooa e dicindo coas nosas mans unha frase da mesma: BASTA XA!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario