domingo, 6 de febrero de 2011

Saltamos máis que os tigres?

Seguimos investigando cousiñas dos tigres analizando pouco a pouco toda a información que aportáchedes. Cando descubrimos que poden saltar de 9 a 10 metros un dos nenos preguntou: "Profe, e nós saltaremos máis ca eles?" e que mellor forma de sabelo que poñéndonos a saltar, marcar, medir e rexistrar eses saltos.Traballamos con números como 66, 90, 105 e 146,...marcamos o máis grande, o máis pequeno, os saltos que eran iguais,...


E é que os tigres son unha fonte inesgotable de comparacións, por exemplo, tamén limos que poden correr ata 72 km/h...e iso será máis ou menos que o coche dos papás?...Será outra cuestión a resolver?

No hay comentarios:

Publicar un comentario