viernes, 11 de febrero de 2011

Como eran os coles de antes, avoa?

O martes visitou a clase dos tigres a avoa de Miguel P.:  Carmen.Tiñamos preparadas moitas preguntas para facerlle e averiguar como era a súa vida na escola. Contounos que sentaba no chan, porque non tiñan moitas cadeiras, que non tiñan recunchos, que tomaba moita froita, que obedecía moito aos seus papás, ao cura e á profe, que non ía todos os días ao colexio porque tiña que traballar, que xogaba ao pilla-pilla coma nós, pero que tamén pasaba moito tempo xogando coas vacas porque tiña que coidalas.
O que máis nos chamou a atención foi que non pintaba con cores,non, empregaba amoras e outros elementos naturais...teremos que probar na nosa clase tamén!!!!!


Ao rematar quixemos sorprendela cun agasallo que preparamos para ela, pero os sorprendidos fomos nós cando sacou do seu bolso algo moi doce: lacasitos para tod@s!!!!
 ENCÁNTANOS QUE AS AVOAS VEÑAN CONTARNOS COUSAS!!!!!!
QUEN QUERE SER A/O SEGUINTE???????

No hay comentarios:

Publicar un comentario