Na primeira chegou á aula esto:
Despois do asombro inicial e dunha pequena observación (na que lle contaron 13 dentes) comezaron preguntas como:
Que era? Como podiamos sabelo?...
Estes ósos estaban segur@s de que pertencían a un "dinosaurio (Diplodocus, sen dúbida), un crocodilo, un reptil, un hipopótamo, unha quenlla..." polo tamaño da cabeza, o longo que era o seu morro,...
( fixádevos como foron capaces de buscar similitudes entre diferentes animais)
Estas foron as explicacións a "Como era posible que a profe os tivese?". Sabede que foron moi debatidas porque había quen dicía que un museo non emprestaban as cousas tan facilmente.
(desierto, playa, museo, África, Islas Canarias, excavando y con un tesoro)
Por último a profe pediulles que pensaran como sería o resto do corpo dese animal e que o debuxaran.
Para ver a segunda sesión teredes que esperar uns días máis.