lunes, 9 de mayo de 2011

Botarémoste moito de menos, Yoli!!!


Yoli é unha profe moi importante para os tigres e tigresas. Veu un tempiño de prácticas e pasou moooitas horas na nosa clase. Sempre estivo pendente de axudar a quen o precisara, de calmar os noso nervios cando nos mancabamos, de animarnos cando eses últimos cachiños de merenda non nos baixaban,... e de ensinarnos moitas cousiñas que ela sabía...chegou a contarnos un conto en linguaxe de signos e todo! Pero, para agradecerlle todo o corazón e paciencia que puxo no seu traballo e para que nunca nos olvide regalámoslle xunto cos leóns un libro cheo de debuxos (ao que lle fixemos portada e todo!!!!!!!) e un ramo de flores. Ela tamén quixo endulzar o fin de estancia cunhas chuches, COMO NOS COÑECE XA!!!!!

Se queredes ver este slide máis grande picade sobre el.

No hay comentarios:

Publicar un comentario