miércoles, 11 de mayo de 2011

Estes indios xa teñen tótem!

Despois de moito traballar os tigres e tigresas xa teñen o seu tótem. Non foi fácil:
- Tivemos que elexir catro animais a representar entre todos os nomes indios da nosa aula: un que voara ( como a bolboreta), outro que estivese na auga ( o crocodilo), e dous que vivisen na terra, un salvaxe ( tigre) e outro doméstico (touro)
- Os nen@s trouxeron moitas caixas de cartón para elexir logo cales pensabamos que servían para representar a cada un deles
- Ordenamos as caixas( de 1ª a 4ª) para que o noso tótem fose o máis estable posible
- Decidimos entre tod@s como as pintariamos
- As pintamos da cor correspondente e logo engadimos algunhas características propias ( puntos para a bolboreta, raias para o tigre, escamas para o crocodilo e un anel para o nariz do touro) para o que tivemos que observar moi ben fotografías de Internet...fixádevos ben na representación dos ollos do crocodilo!!!
- Elaboramos algúns detalles importantes como os ollos, as ás, as arellas,...
- Pintamos a boca
Nestes días bailaremos ao seu arredor, para festexar un traballo ben feito!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario