Como xa é habitual, ímosvos contar algo do que fixemos ao longo da semana :
- fomos xornalistas e..... de verdade , xa que preparamos os artigos que imos publicar na revista do cole,
- coñecemos dúas novas letras, e con elas, rematamos a nosa viaxe por letrilandia ,levando para casa a lembranza desta longa viaxe, que comezáramos alá polo mes de marzo do ano pasado,
- tamén estivemos traballando algo da nosa comunidade, buscámola no mapa, pintamos o escudo, e tivemos que facer un puzle coas súas provincias,
- seguimos a traballar cos indios,
- e por fin, comezamos a xogar co bingo de palabras e.... que ben o pasamos,
- non pensedes que todo foi traballo, tamén tivemos tempo para xogar,
- tamén nos puxemos algo tristes. Tivemos que decirlle adeus a profe Yoli e, para que de vez en cando se lembre de nós , fixemoslle un libro cos nosos debuxos e os dos tigres e regalámoslle un precioso ramo de flores; e ela ,convidounos a chuches.
ESPERAMOS QUE O PASARÁS BEN NA NOSA CLASE , GRACIÑAS POR TODO E MOITA SORTE COMO MESTRA DE INFANTIL. CARICIAS DOS LEÓNS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario