Seoane, Matisse, Van Gogh, Munch, DaVinci, Peteiro...e agora para facer as nosas portadas do terceiro trimestre...Pollock, que quizais polo diferente da súa técnica sorprendeu moito aos tigres. Aínda que non puidemos imitar a Pollock na súa totalidade (xa que para pintar empregaba un cubo cun burato que movía enérxicamente- ou espátula- dende o que deixaba gotear a pintura e un lenzo no chan) sí fomos capaces de conseguir un efecto parecido cunhas boliñas, unhas culleres e unha cartolina metida dentro dunha caixa de cartón que movíamos para deixar marcadiñas as pegadas das bolas ao se mover!
Hai traballos nos que os tigres e as tigresas fanse de rogar, pero neste tod@s querían ser os primeir@s!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario