jueves, 2 de junio de 2011

A ESPERADA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

QUE BEN O PASAMOS NA GRANXA O VENTOSO!!!!!

O martes pola mañá chegamos tod@s moi preparados e un pouco nerviosos para realizar a excursión de fin de curso. Sabiamos que estariamos nunha granxa e algunhas das cousas que fariamos, pero houbo sorpresas!

Ao chegar dividíronnos en tres grupos (o das ovellas, o dos cans e o dos galos) e cada grupo estivo cunha monitora e unha profe, por iso veredes moitas actividades repetidas, pero con distintos nen@s!!!

Todos nós pasamos por tres actividades moiiiii divertidas:
- Equitación: onde cepillamos a un poni, fixemos unha primeira toma de contacto montando un besta amarrada- uffff, que tranquilidade sentían ao ver o ben que se portaba- e logo dimos unha volta cada un polo "ruedo"...ata a profe Maite se animou!
- Animais da granxa: como os cans, as ovellas, as cabras, as galiñas, os coellos, os pavos, as ocas e patos, o cerdo ( ao que lle dimos de comer),... pero ademais debullamos millo e falamos dos apeiros de labranza e de traballo no campo.
- Horta e cultivos: observamos e falamos das plantas aromáticas e das árbores que alí tiñan, visitamos o invernadoiro, plantamos leitugas, dímoslle de comer aos peixes, ...

Pero ... non quedou só na observación, os monitores tentaron en todo momento descubrir o que nós xa sabiamos, facernos pensar, axudarnos a facer- que é como se aprende- e animarnos a descubrir, a gozar e a coidar o noso medio ambente.

A media mañá obsequiáronnos cunha rica e saudable merenda de froitas e auga... e dirémosvos que algunhas familias se sorprenderían gratamente se nos chegaran a ver merendar!!







Despois de comer tivemos un tempiño de lecer e de xogos grupais, obradoiros para construir pulseiras e colares con elementos da natureza (como sementes ou flores) e coloreamos tamén unhas fichas de animais que pronto levaremos para casa!

A sopresa? A enorme palloza que tiñan alí escondidiña entre as árbores e coa que eles xogaron a ser indios porque "profe, non sabes que?Atopamos un tipi!!"









MIL GRAZAS AOS CATRO PROFES QUE NOS AXUDARON A VIVIR ESTA FANTÁSTICA EXPERIENCIA!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario