Como dí o titulo da entrada, todo ten un fin, e o deste curso cada vez está máis próximo. E menos mal ,porque os leóns xa estamos un pouco cansos, pero temos que repoñer forzas, ainda nos quedan dúas celebracións moi importantes:
- a nosa graduación o venres 17 de maio ás 6 da tarde,na biblioteca do cole,
- e o festival de fin de curso o luns 20 .
Asi que xa vos podedes facer unha idea de como andamos, e por riba, a profe seguenos a mandar traballar. Ademáis dos duros ensaios para os actos que temos fixemos:
- a invitación da graduación, - a portada dos indios, - unha morea de fotos (que hoxe non ides ver,jajajajaja), - fixemos letura colectiva, e rebimos a visita dos nenos e nenas de Ana Eva que nos agasallaron cun concerto de flauta e que ben o fan.MOITAS GRAICIAS POLA ACTUACIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario