martes, 26 de abril de 2011

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO.

Ainda que con retraso ,( por estar de vacacións) a clase dos leóns celebramos hoxe o día do libro, facendo diferentes cousas:
- pola mañá fixemos un libriño de contos, no que só aparecían imaxes de contos e nós tíñamos que pensar a que titulo correspondía e poñerllo,
- pola tarde foi moito máis divertido ,despois dun pequeno ensaio na aula, saímos ao patio a contarlle un conto aos nenos/as de 3º, mesmo parecía que no patio creceran plantas.
- e levamos para casa o libriño e un diploma por facelo tan ben, e quedanos por rematar o marca páxinas , traballamos moito pero ..... non somos máquinas (algunhas veces a profe pensa que sí).
Foi unha experiencia moi guay.

1 comentario:

  1. A NÓS ENCANTOUNOS!!! APRENDEMOS MOITO DOS PEQUENOS. QUE BEN O FIXERON!!!. PARABÉNS PARA OS NEN@S E PARA VÓS, AS PROFES DE 5!!! CANDO QUEIRADES REPETIMOS...

    OS NEN@S DE TERCEIRO

    ResponderEliminar