Recordades que temos varias preguntas relacionadas coa cultura dos indios? Pois a mamá de Jordi, Mariluz, mandounos un enlace a un powerpoint interesantísimo que fala da súa roupa e adornos, as súas pinturas, a súa forma de comunicación, ... é tan amplo que teredes que ter paciencia porque tardará en cargar. Os nen@s aínda non o coñecen, pero xa os estou vendo, de seguro que cando llelo ensine pensarán en fabricar algo máis...
E se todavía quedades con ganas de saber algo máis dos indios aquí vos deixamos un tutorial para elaborar un atrapasoños, como fixemos nós.
Os pasos son moi sinxelos e o material moi asequible: unha coroa circular eita con cartón, un lazo do pelo, lá, plastilina, tres plumas e grampas para suxeitar todo.
Xa veremos á volta das vacacións se lles funcionaron aos tigres!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario