miércoles, 27 de abril de 2011

Fomos contacontos!!!!

Tal e como vos dixemos, despois de moito practicar na casa e na aula e de pensar algúns truquiños por se nos quedabamos en branco ou non sabiamos seguir ou se nos entraba a vergoña...fixemos de contacontos!!!!!!!!!
Vergoña?? "Unha pouquiña ao principio, pero despois desapareceu" A verdade é que os maiores se portaron de marabilla, a pesar de que ás veces nós quedabamos calados. Eles tiraron por nós facéndonos preguntas, axudándonos a ler e sorrindo, o que fixo que nos relaxasemos moitooooo. Cando rematamos de contar fixeron eles de contacontos e nos tocou escoitar.A algunhas parellas deulles tempo a cambiar o libro con outras e todo,...e que os contos son tan interesantes que enganchan!!! Cun conto só non chega!!!!!!

1 comentario:

  1. Moi ben! Agora a seguir practicando, que se xa perderon a vergoña á próxima fanvos un concerto polo menos!!

    ResponderEliminar