viernes, 1 de abril de 2011

Por fin coñecimos a Adrián!!!

Adrián é o irmán pequeno de David. Xa hai tempo que tiñamos ganas de coñecelo, pero con tantas festas e celebracións, foi imposible convidalo antes. Por iso preparamos moi ben a visita cunha morea de preguntas sobre: como o coidan, o visten, que come e bebe, os anos que ten, os seus xogos,canto mide e pesa, como durme, as monadas que lle fan e as nanas que lle cantan.


Entre David e a súa mamá coñecimos un pouquiño máis a Adrián e o comparamos co seu irmán: Ten 6 meses mentres que David 6 anos, mide 0,74 cm e David 116 cm ( máis ou menos, porque o medimos nese momento cun metro e pode que cos nervios non foramos moi exactos), ten unha talla de roupa de 9-12 meses e pesa 9 Kg









Ademáis tamén comparamos o seu número de pé con algúns amig@s da aula como Iván e Yasmine.
Asombrámonos moito do ben que se portou, incluso cando nos achegamos tod@s a abrazalo e acaricialo.
Adri, esperámoste ao final de curso!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario