E pensando e pensando nesta preciosa frase de Emily Dickinson os nen@s de 5 anos conmemoraremos o día do libro, que aínda que foi o 23 o pospoñeremos ata o martes, agasallando aos maiores de 3º de Ed. Primaria cunha magnifica viaxe... a través da fantasía. Por iso cada un de nós contará un conto a un compañeiro maior. Para facelo ben, ben, levaron un conto para preparar na casa estas vacación. De todos os xeitos se algún está máis cómodo@ con algún que teña requetecoñecido da casa ten liberdade para escoller. A cuestión é contar, gozar contando e gozar escoitando...
Os tigres practicamos xa na aula, contándonos o conto por parellas, por iso de darnos seguridade ao facelo antes con alguén coñecido:
E incluso Sheila atreveuse a contarnos en alto na asemblea o conto da toupiña...Tiñades que vela!!!que ben o fixo!!! Quedamos tod@s abraiad@s!!!!
Ademais, estamos en débeda cos de 3º B que a semana pasada déronnos unha sesión de contacontos e contamonólogos na biblioteca!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario