Ainda que esta semana foi máis curta, nos seguimos a traballar duro, facendo unha morea de cousas:
- coñecemos dúas novas letras : g, w.
- a profe Vero, contounos a historia de Triqui, un monstruo ao que lle gustan moito as galletas ,e con él estamos aprender a restar,
- seguimos a traballar no proxecto dos indios, o que queremos saber deles e os nosos nomes indios,
- traballamos moi duro no agasallo para mami (jajajajaja ,desto non hai fotos ata pasar o día),
- fixemos pompas de xabón,
- lemos en voz alta,
- algúns, xa somos socios do club dos mellados ,
- e como xa sabedes celebramos o día do libro,
QUE..... TRABALLAMOS OU NON TRABALLAMOS??????.
MIRADE SO NOSOS NOMES INDIOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario