A semana pasada os tigres andivemos viaxando polo mundo ( andando, en coche, en moto,...) acompañando a 11 damas atrevidas: primeiro paramos en Fez, en China vimos un teatro de sombras, despois dimos un salto ata Australia, estivemos nun deserto coma o de Exipto, fomos de ruta en moto ata Moscú...e chegamos ata a Lúa e ata a Osa Maior. Cada vez que este conto nomeaba un lugar acudiamos á wikipedia, un diccionario que temos en Internet, e o buscabamos. Descubrimos en case todos tres símbolos moi importantes deses lugares: a bandeira, o escudo e o himno que mirabamos e escoitabamos.
Se picades na imaxe poderedes entraredes na páxina do blog Actividadeslim onde poderedes escoitar o conto e facer as actividades que plantexan. Poderedes agrandar a imaxe e traballar mellor picando no rectanguliño que a profe marcou cun círculo vermello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario