domingo, 13 de marzo de 2011

Un día de museos científicos

Vaia excursión!!!! Cantas experiencias vividas nun só día!!!! A visita comezou co aquarium onde observamos a vida mariña dende dentro, case, case metidiños con eles na auga; explicáronnos como era a comida das focas, a súa pel, a forma de respirar dos peixes, a súa astucia á hora de sobrevivir,...e como xa supoderes o que máis nos impresionou foron os "tiburóns" (quenllas) touro: GASTÓN E HERMOSA!!!! 





A de cousas que fixemos na DOMUS despois de comer!!!! Desenvolvimos a creatividade con formas e nubes, fixemos voar avións, medimos alturas, flexións, comparamos olores e sabores,vimos o nacemento dun bebé,...


A nosa acompañante na Domus foi a profe Silvia;grazas a ela e a Vero puidemos pasalo tan ben. Aquí vos deixamos a foto de grupo debaixo dun cadro ben coñecido por nós: "A MONA LISA


Ao día seguinte quixemos contarlle ás familias o que máis nos gustou e velaí tendes os animais triunfadores:

No hay comentarios:

Publicar un comentario