miércoles, 23 de marzo de 2011

Experimentos e descubrimentos

Durante este trimestre os tigres realizaron algúns experimentos divertidos, sorprendentes e moi interesantes. Algún xa o coñecedes, como o da apócema de bruxa, e os outros vádelos a ver agora mismiño.

- Cunha morea de globos, un inflador e as propias mans ( aínda que a profe Silvia tivo que darlle un máxico toque final) tiveron unha sesión adicada a globoflexia onde falaron da ELECTRICIDADE ESTÁTICA.


- Descubriron como se comporta un corpo na auga se mantemos ou cambiamos as propiedades, por exemplo engadíndolle sal ou azucre...¿Flotará ou afundirá?


Mirade un bo resumo da experiencia:














- Aprenderon a comunicarse coa linguaxe de signos, empregando o abecedario e sobre todo a inicial do seu nome, os días da semana, algunhas cores e expresións como "bo día" e "boas noites".


Ademais tivemos a sorte de que Yoli, a nova profe que estará connosco e cos leóns ata maio na aula, é unha experta...todo un luxo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario