sábado, 19 de marzo de 2011

Que traballadoras son as nosas mamás!!!!!!!!!!!!!!

Esta semana finalizamos o traballo sobre a muller traballadora. A profe Vero e a profe Silvia axudáronnos a coñecer a mulleres moi importantes como a primeira mestra e a primeira astronauta, unha actriz galega e a algunhas inventoras: a dos cueiros para os bebés e a do limpaparabrisas,...
Pero ...que mulleres máis importantes e traballadoras que as nosas mamás???? Cando lles preguntas aos tigres en que traballan cóntanche que son amas de casa, doutoras, banqueras, que cosen, que traballan con máquinas, coidan a xente e a animais,... Polo tanto, na cima do noso panel aparecen elas, para homenaxear o seu esforzo, traballo e perseverancia!!!! Para que todos as coñezan cada un pegou debaixo da súa foto un corazón co seu nome e o dela... sen dubidar nadiña no trazo...como presumimos agora cando pasamos polo corredor!!!!



E permitideme agora que vos mostre o agasallo de Jordi para a profe, que según os nen@s ... algo traballadoriña tamén é!! Trouxomo con todo o seu cariño e nos vexades a alegría que me deu!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario