miércoles, 16 de marzo de 2011

Cidadáns do mundo

Despois de tantas investigacións, os tigres xa están empezando a percibirse como cidadáns dun mundo composto por continentes, países, cidades...

Hai tres continentes que xa coñecemos un pouquiño máis: Europa, o noso, Asía onde viven os tigres e América, terra dos indios ( aínda que sabemos que en África están os leóns e na Antártida os pinguíns)

Dentro dos países, dous chaman a nosa atención: España, que recorremos algúns de nós (Saúl, Ainhoa, Carlos e Candela xa nos contaron as súas vacacións noutras comunidades) cando viaxamos coas nosas familias, e da que xa coñecemos algúns puntos: Galicia, País Vasco, Andalucía, León, Madrid, Illas Canarias,...


O outro país que nos ten un pouquiño preocupados é Xapón. Nico contounos que o seu papá traballaba en Xapón, pero que estaba ben. Algúns dos nen@s explicaron que viron na TV que unha ola moi grande levara moitos coches e casas, aínda que só " as pequenas" e que morrera moita xente. Logo buscamos en Youtube un vídeo do tsunani onde se podía ver unha gran mancha de auga arrasando o lugar e explicamos como apareceu a partir dun terremoto.


Falando do mar e recordando a nosa visita ao Aquarium aproveitamos para ampliar o noso vocabulario escoitando e cantando esta canción; preparádevos porque é moi pegadiza:



E é que cando nos interesa algo...prestamos a máxima atención...

No hay comentarios:

Publicar un comentario